Skip to Content

DEPUTADOS POR UN DÍA!

O alumnado de sexto de Primaria participou o pasado martes no pleno infantil organizado por "Aldeas infantiles SOS" no Parlamento de Galicia. Na súa intervención falaron de temas de gran relevancia coma o coidado do medio, o desenvolvemento sostible e a solidariedade. Ademais escoitaron as intervencións dos outros tres centros convidados, de representantes do Parlamento, da organización e da Deputación.

Cada colexio elaborou dous compromisos sobre estes temas que foron votados por todos os asistentes, resultando o máis votado o do noso colexio.

Compromiso:

"Comprometémonos a ser respetuosos cos nosos compañeiros e dar exemplo aos máis pequenos con prácticas educativas que impliquen a inclusividade e a non discriminación, favorecendo un entorno de igualdade e respecto hacia os demais, educando en valores para propiciar un futuro mellor"

Galería de imaxes

 

1000048254.jpg

 

1000048247.jpg

CONMEMORAMOS O DIA DA LINGUA MATERNA E O DÍA DA NOSA QUERIDA ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana veu cargada de importantes conmemoracións.
 
Para comezar, o mércores foi o Día da lingua materna e quixemos adicarllo á lingua galega que cada vez é lingua materna en menos fogares. Para iso o alumnado debía buscar palabras en galego típicas da nosa zona e así poñelas en valor. Logo o EDLG deulle forma a todas elas configurando un mural colaborativo baixo o lema “A mellor forma de conservala é empregala!”. Xa que de nada vale conservar unha lingua sen empregala no día a día.
 
E para rematar chegou o venres, o gran Día de Rosalía de Castro que xuntos conmemoramos ao longo de toda a semana con diferentes actividades.
Dende o luns tiveron lugar sesións de Polos Creativos para todo o alumnado nas que coñeceron mellor a figura de Rosalía de Castro e construiron un circuito de papel que logo levaron para a casa. Todo isto con material creado polo EDLG e tamén con outro compartido por outra escola da contorna. 
O mércores o alumnado de 1ºEP foi o primeiro en ir realizar un Scape Room á biblioteca municipal sobre Rosalía de Castro. A próxima semana continuará asistindo o resto de alumnado de EP.
Ademais, a Educación Infantil chegou o conto “Miña casiña, meu lar” para que todos puideran desfrutar do poema de Rosalía de Castro.
Este poema serviu logo para crear entre todos un mural conmemorativo no corredor principal da escola. O alumnado dende 6ºEI ata 6ºEP debía ler o poema e debuxalo nunha postal que logo foi exposta no corredor baixo o lema “Polo día de Rosalía agasallamos poesía”. Ademais o alumnado de 4º e 5ºEI pintou unhas flores ben bonitas con información que aprenderon sobre Rosalía de Castro.
O venres todo o alumnado puido desfrutar das súas creacións así coma das dos seus compañeiros e compañeiras.
Rematamos o día de Rosalía, 23 de febreiro, comendo un caldiño de Gloria que nos fixeron no comedor e levando para a casa o mantel conmemorativo que nos facilitou a Fundación Rosalía de Castro.
Foi unha semaniña ben completa! Pasámolo xenial e aprendemos moito.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ENTROIDO 2024

   

                                                              VÍDEO

ENTREGA DE PREMIOS BIBLIOTECA MUNICIPAL

02/02/2024
Atlantic/Bermuda

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do Certame de poesía "Nadal 2023" convocado pola Biblioteca Pública Municipal "El Viejo Pancho".

 

 Parabéns aos gañadores e grazas a todo o  alumnado participante!!

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E CALENDARIO DE ADMISIÓN

 O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

As solicitudes (ED550B) presentaranse por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente no centro docente.

O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

  

 

 

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

O día 2 de febreiro, é o Día mundial dos humedais; e en Ribadeo contamos cun moi importante, a Ría de Ribadeo. Coñecido e protexido internacionalmente, o cal debemos coñecer e coidar.

 

 

 

Para conmemorar este día tivemos a sorte de ter a Óscar Chao Penabad, profesor de bioloxía no CIFP Porta da Auga. Veu contarnos moitas cousas interesantes sobre os humedais, as súas características e a súa importancia.

Moitas grazas, Óscar! Esperamos que volvas pronto.

 

             

Reserva de praza no centro adscrito. Alumnado de 6º de primaria

 

Inícianse os trámites do procedemento (código ED550A) para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo abrangue do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

 


Tanto a presentación das solicitudes como a consulta de admitidos, que se publicará antes do 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado o alumnado.

Enlaces para descargar:

FORMULARIO DE SOLICITUDE.

INSTRUCCIÓNS PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓN ALUMNADO.

 

 

 

POLOS CREATIVOS

ATENCIÓN, FAMILIAS!!!!!!!!!!!! 

NOVIDADES EN POLOS CREATIVOS

Mira o vídeo e inscríbete xa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut