O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
As solicitudes (ED550B) presentaranse por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente no centro docente.
O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións
O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.
A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
XORNADA DE PORTAS ABERTAS.jpg | 145.21 KB |
CALENDARIO DE ADMISIÓN.jpg | 230.22 KB |
Diptico DO Gregorio.pdf | 8.4 MB |