Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

OBRADOIRO: CAMIÑO DA LINGUA

Hoxe día 11 de Outubro, os nenos e as nenas de 5º, participamos nun obradoiro titulado: CAMIÑO DA LINGUA, cuxo obxectivo principal foi achegarnos un pouco máis a lingua galega. Fixemos varios tipos de xogos e concursos, aprendimos cousas sobre a nosa cidade, xogamos cos refráns e as adiviñas... por suposto, utilizando a nosa lingua. Pasámolo realmente ben. Moitas grazas as monitoras Ana e Patricia.

POR LUZ SALVADOR

SAÍDA AO MONTE DA MADROA

Os nenos e nenas de 2º tivemos a última sesión do Programa Medio-Ambiental da Madroa cunha visita no monte.

Cos monitores/as do Plan Comunitario de Teis, reflexionamos e fixemos actividades lúdicas de coñecemento, conservación e recuperación da flora e da fauna autóctona, en especial da que temos máis próxima nos Montes de Teis.  Esta é un bo xeito de achegarnos ó noso bosque máis preto.

Aquí deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos!!!

"GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA"

O venres 15 de xuño foi a despedida do noso alumnado de 6º, antes da súa partida hacia terras andaluzas. 

Un ano máis a ANPA en colaboración co Centro organizou unha comida para despedir ao alumnado de 6º de primaria. Á mesma asistiron mestres/as que o longo destes nove anos déronlle clase e tamén unha representación de nais/pais do ANPA.

Resultó unha xantar moi emotivo, coa entrega de bandas conmemorativas, orlas, placas, agasallos... aproveitamos para disfrutar dun vídeo con algúns dos momentos máis interesantes que estes nenos e nenas nos deixaron o longo destes cursos.

Entre sorrisos e bágoas de emoción a Comunidade Educativa do Frian dixémoslles

"FRIAN SEMPRE SERÁ O VOSO COLE, MOITA SORTE"

graduación

FOTOS DA "COMIDA-GRADUCACIÓN"

OBRADOIRO: ALINE FRAZAO

Hoxe, 6 de xuño,  tivemos a gran sorte de contar con Aline Frazao, cantante angoleña con raíces en Cabo Verde, que nos falou de todos aqueles países de fala portuguesa que podemos acceder coa nosa lingua, o galego.

Contounos curiosidades de Mozambique, Cabo verde e Angola, todos eles de fala portuguesa; e tamén participamos nun obradoiro musical onde entre todos/as interpretamos a canción "Os meninos do Huambo"

As sensacións experimentadas hoxe son difíciles de explicar con palabras: entusiasmo, entrega, gusto, tranquilidade, sorpresa...tanto que, sonou o timbre para o recreo e os alumnos/as de 5º non querían saír.

Foi un agasallo de remate de curso difícil de esquecer.

Para saber máis visita a páxina de Aline:

http://www.alinefrazao.com/

Deixámosvos uns momentos do obradoiro no seguinte vídeo, podes aproveitar e cantar connosco: "O que eu quero" e "Os meninos de Huambo"

 


Para ver máis sobre esta xornada podes visitar o blog da Biblioteca:

http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2012/06/unha-viaxe-cultural-con-aline-frazao.html

 

Agradeceríamos a todos aqueles que asistichedes ó obradoiro deixarades un comentario coas vosas impresións, sería un bo agasallo para Aline.

UN CONTO MOI ESPECIAL

As mamás dos nosos compañeir@s Antón (2º A), Paula (4 anos ) e Valentina (2º A) atoparon un conto sobre un dragón moi comilón e decidiron compartilo con todos nós. Que ben o pasamos e que ben o fixeron!!!

Que non o credes?? Pois mirade o seguinte vídeo, seguro que vos sonan os grandes actores que actúan nel.

 

MOITAS GRAZAS PILAR VERA E MARÍA JOSÉ COLLAZO

Distribuir contido


by Dr. Radut