Skip to Content

OBRADOIRO: ALINE FRAZAO

Hoxe, 6 de xuño,  tivemos a gran sorte de contar con Aline Frazao, cantante angoleña con raíces en Cabo Verde, que nos falou de todos aqueles países de fala portuguesa que podemos acceder coa nosa lingua, o galego.

Contounos curiosidades de Mozambique, Cabo verde e Angola, todos eles de fala portuguesa; e tamén participamos nun obradoiro musical onde entre todos/as interpretamos a canción "Os meninos do Huambo"

As sensacións experimentadas hoxe son difíciles de explicar con palabras: entusiasmo, entrega, gusto, tranquilidade, sorpresa...tanto que, sonou o timbre para o recreo e os alumnos/as de 5º non querían saír.

Foi un agasallo de remate de curso difícil de esquecer.

Para saber máis visita a páxina de Aline:

http://www.alinefrazao.com/

Deixámosvos uns momentos do obradoiro no seguinte vídeo, podes aproveitar e cantar connosco: "O que eu quero" e "Os meninos de Huambo"

 


Para ver máis sobre esta xornada podes visitar o blog da Biblioteca:

http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2012/06/unha-viaxe-cultural-con-aline-frazao.html

 

Agradeceríamos a todos aqueles que asistichedes ó obradoiro deixarades un comentario coas vosas impresións, sería un bo agasallo para Aline.

Comentarios

Obradoiro:Aline Frazao

A min gustoume moitísimo a canción "Lua".Pero éunha pena que non apareza no video,pero tamén gustoume moito a canción que cantamos todos, a última "Os meninos do Huambo"  Aprendín moitas cousas

 

 

                                                               Obrigado Aline

 

           Ruth Rodríuez 5ºA

Ariel

Moitas grazas por ensinarnos la xente que fala portugués.Gustoume moito cando cantaste ¡¡¡CANTAS MOI BEN!!!!!!

 

 

 

ARIEL DIEGO KUBAT. 5º A

Gustoume Moitísimo

A min encantoume a canción "Lua" non sei por que non aparece nos vídeos.Vou dicer a verdade, encontoume

a conción "Os meninos de Huambo" porque colaboramos todos xuntoseu non sabá que Aline era cantante.

Obrigado Aline.

 

           Ruth. 5º A

A música en Portugues

Vivía en Angola, onde se fala Portugués. Ensinounos moitos tipos de froita que habia alí. Cantounos cancións en Portugués,que se titúlan "O que eu quero" e" Os meninos de Huambao".

Gustóume moito.

 

 

Diego Martínez 5ºB

Obradoiro

Gostei muito do obradoiro que voçe fez foi muito legal, e voçe canta muito bem.Obrigada por ter vindo, gostei de cantar con voçe, e de conhecer outros países e lugares onde o seu idioma é o que eu falo.Adorei os tres lugares un melhor que o outro, máis nao  decido cuál país é o máis legal e o máis lindo.As frutas de Angola gostava de todas as que conhecia,a que máis gosto é o maracujá mmm...espero que voltes vir.

Até a proxima da Ana (a brasileira)

Obradoiro

Gustoume moito porque aprendín cousas novas de África, como uns países chamados Angola e Mozambique e unha illa chamada Cabo Verde.GuaySorriso

 

Pablo martínez

Obradoiro

Gustoume moito, aprendín moito contigo. Moitas grazas. O que máis me gustou foron as cancións de kriollo, é claro cando ti cantaches.Tamén gustoume moito as froitas.
Oxalá que veñas outro día. 
Esperámoste!!Risa
Andrea Fernández Covelo

Obradoiro con Aline

Gustoume moito , coñecín moitas cousas novas como por exemplo : países, cancións froitas deliciosas.                                                                                    

O que máis me gustou foi Angola e a súa canción.     

Oxalá volveras pronto.

 

                                                            Nerea Pombo Fernandez Sorriso

Obradoiro

A min gustoume moito a súa visita porque aprendín moito sobre os paises de África, cantounos cancións e ensinounos moitos paises que pensaba que non falaban portugués .  Risa

Sara Urrea López. 5ºA

A verdade é que Aline

A verdade é que Aline ensinounos un montón de cousas de Angola, Cabo Verde e Mozambique.

Eu ao vela cantar pensei que era cantante, impresionáronme un montón as súas cancións, moi bonitas.

Gústame moito o portugués por iso vou falar máis o galego , co fin de entender un pouco mellor esta lingua.

 

                                      Guiño                       Darío Pereiras 5º A                 Guiño                                   

Aitana

Gustoume moito a súa cultura, é moi interesante. O que máis me gustou é Cabo Verde, as súas cancións eran moi bonitas, creo que algun día chegará a  ser máis coñecida,.

 

 

Moitas grazas AlineRisa: Aitana Martínez 5ºA

Obradoiro.

Pasámolo moi ben. Ensinounos que falemos en galego, porque é máis fácil comunicarnos con moitas persoas de moitos países como por exemplo, Angola, Brasil, Cabo Verde, Portugal...

Aparte ensinounos curiosidades deses países.

Todo o que escribín, dixoo Alina en portugués! Para isto serve o galego.

 

                                            BIEITO LOVERA RODRÍGUEZ 5ºB Sorriso

Obradoiro.

Gustoume moito as dúas cancións, pero a de "Os meninos de Huambo" encantoume. Creo que vou a empezar a falar máis Galego.

 

 

 

                                                  Gabriel Fontenla Alonso 5ºB.

Aline Frazao

Gustoume moito a tua canción por que estasnos a ensinar a viaxar por onde ti vives.  Eu creo que todo o que nos ensinaste é  precioso. Moitas grazas por vir.

 

                                                                                             CansoSARA CERQUEIRA Guiño

                                                                           DE 5ºB                                

obradoiro.

 Pareceume  moi bonito o que nos contou do seu país. Por exemplo que no seu país, Angola, falan moi ben o portugués. Gustáronme moito ás cancións que cantou. Iso si; canta moi, moi ,moi bén.

 

Adrián Vázquez Nieto. 5ºB. primaríaGuiño.

Foi moi bonito,  gustoume

Foi moi bonito,  gustoume moito. Gustaríame volver a repetirlo, oxala viñera outra vez.

 

 

 

                                                                                     

                                                                                     ALEX RODRÍGUEZ 5ºB

 

 

 

 

Obradoiro

Cando nos explicaba as caracteristicas doutros países "parecía que viaxabamos a eses países".

 Canta xenial. Se a escoitases quedarias maravilladoRisa, con sorpresaSorprendido.

                                                                                                                Ángela Alonso Gonzaez 5ºB

VIAXE DA CULTURA

A min gustoume moito, porque crin que estaba neses países, e as cancións encántaronme. Aprendín que é inportante falar galego, porque tamén e unha lingua moi bonita. Todo o que dixo era moi bonito. 

 

Xulio Crespo Fernández 5ºB

Obradoiro : Aline Frazao .

Entereime de que coa nosa lingua o galego , podemos comunicarnos con persoas doutros paises , ou incluso continentes  . Temos que defender a nosa ligua porque è nosa cultura. Risa

Viaxe cultural

 Gustoume moito este obradoiro, fixo que me dese conta que en África non só hai nenos mortos de fame e que co galego podemos entender a milleiros de persoas.

Ademais Aline cantaba moi ben.

 

                                                           Brais (5º B) Risa

Viaxe Cultural

A min encantoume, sobre todo porque coñecimos cousas sobre outros países e aprendín que é importante falar galego porque grazas a el entendín todo o que nos dixo Aline. Guiño

Sara Gutiérrez García. 5ºB



page | by Dr. Radut