Skip to Content

Celebracións

Celebracións

ENTROIDO 2024: OS XOGOS OLÍMPICOS CHEGARON AO FRIAN

Este venres festexamos o Entroido no Frian baixo o lema do noso PDI titulado " De xogo en xogo". Foi por iso que polos corredores nos visitaron todo tipo de deportistas olímpicos , dende corredores a piragüistas pasando polos abanderados que deron comezo aos xogos. Aínda que o tempo non nos acompañou para poder facer comparsa, si que gozamos dunha xornada de Entroido moi divertida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!!!

Feliz Entroido a todos e todas!!!

25 novembro ; Dia contra a violencia de xénero 5 anos A

Outro ano máis festexamos o día 25 de novembro para revindicar o día contra a violencia de xénero. Queremos para os nosos peques unha sociedade igualitaria ,chea de oportunidades e onde os homes e as mulleres teñan os mesmos dereitos.Unha sociedade onde o amor sexa o único que importa!! Os nosos cativos o saben e así o fixemos , revindicando este día con actividades variadas e onde a bolboreta representou a liberdade da muller para ser libre e facer o que queira. 

 

25 DE NOVEMBRO: TODXS CONTRA A VIOLENCIA

O 25 de novembro o alumnado de 5 anos non quixo deixar a oportunidade de revindicar a necesidade de parar a violencia de xénero. Unha recomendación lectora ademais dalgúns consellos que non vos debedes perder. 

 

GOZANDO CO MAGOSTO

O alumnado de 5 anos B non quixo perder a oportunidade de participar na proposta do EDLG e elaborar unhas receitas con castañas. Fixeron un moi bo traballo e puideron gozar cos xgos do magosto que se levaron a cabo. O pasaron fenomenal e disfrutaron desta estación que tanto nos encanta. 

 

 

SAMAÍN 5 ANOS B

Un Samaín atípico pero igual de divertido , con xogos moi divertidos e con moitas manualidades de medo.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut