Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

ENTROIDO 2024: OS XOGOS OLÍMPICOS CHEGARON AO FRIAN

Este venres festexamos o Entroido no Frian baixo o lema do noso PDI titulado " De xogo en xogo". Foi por iso que polos corredores nos visitaron todo tipo de deportistas olímpicos , dende corredores a piragüistas pasando polos abanderados que deron comezo aos xogos. Aínda que o tempo non nos acompañou para poder facer comparsa, si que gozamos dunha xornada de Entroido moi divertida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!!!

Feliz Entroido a todos e todas!!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

 

 

 discapacidade

 

 

A principios deste mes celebramos o día da discapacidade cunha actividade na que simulamos unha discapacidade visual. Levouse a cabo varias actividades adaptadas o nivel dos distintos cursos. En infantil e 1º de primaria estas actividades foron manipulativas, como recoñecer os compañeiros ou diversos obxectos mediante o tacto, ou debuxar distintas figuras nun papel continuo formando un mural por curso. Por outra banda, de 2º a 6º de primaria as actividades foron motrices. Realizouse un circuito con tres estacións. Ditas estacións foron tirar penaltis, xogar aos bolos e encestar nunhas canastas-cestas, sempre coa axuda dun compañeiro/a que non simulaba a discapacidade visual que estábamos traballando.

 

discapacidade 2

 

Esta actividade tivo unha gran aceptación por parte do alumnado do centro.

 

 

SAMAÍN 2º 2023

Neste Samaín os nenos e nenas de 2° fixemos moitas cousas pero sobre todo tomamos merendas terroríficas.

 


DÍA DA DISCAPACIDADE

Con motivo do día da diversidade o alumnado de 1º de Educación Primaria coñecemos nun vídeo a Diego, un neno cego. Descubrimos a través doutro vídeo como ven os cegos o Museo do Prado de Madrid e quixemos experimentar como interpretan as nosas mans a información.

Presentamos todo o proceso, incluíndo os vídeos de Youtube, no seguinte vídeo.

MIGALLAS TEATRO

 Hoxe, o alumnado de 1° A 4° de Primaria pasámolo xenial no cole gracias ao grupo Migallas.

Distribuir contido


by Dr. Radut