O 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, iniciaba a súa andaina unha nova actividade na nosa biblioteca. Cun xogo de pistas, Frianciño, propúxonos formar o “Club dos Supersaudables”. Buscamos as pistas polo patio e resultaron ser as pezas para facer a estructura do mural colaborativo que fixemos entre todo o cole.
Cada semana unha clase encargábase de recomendarnos un conselliño saudable. Para que toda a comunidade educativa coñecera o conselliño, emitíase todos os luns por megafonía para darlle difusión. Ademais este conselliño recollíase por escrito nunha cela do mural.
Deste xeito, semana a semana aprendiamos un novo conselliño e o noso mural ía ampliando as súas celas. O mural resultou ser un xogo de dados chámado:
“DE FRIANCIÑO A FRIANCIÑO SEGUE O CONSELLIÑO”.
Esta colleita de bos consellos saudables foi a tarefa final desta actividade e queda exposta no noso cole para que non esquezamos que este año comezamos a Vivir san no cole Frian.
Para completar a tarefa, o equipo tic, engadiulle códigos QR a cada conselliño para escoitar en directo ao alumnado do cole.
Grazas equipo de megafonía, luns a luns preparando o equipo:
Así comezamos o mural:
E así o rematamos:
Chegamos á Meta e só nos queda dicir:
GRAZAS A TODOS E TODAS POR UN TRABALLO XENIAL!
DESPEDÍMONOS ATA O ANO!!
ABURRRR!!