Claudio Carruselo (pai de Candela-6º e Mateo infantil-3 anos) e as súas pulgas actuaron para os máis cativos do colexio, facendo as ledicias de todos e todas.
O Circo das Pulgas d@s Carruselo –Galiza Pulgas Circus- presenta números circenses orixinais e únicos no mundo das pulgas: Esmeralda, coidadosa pianista e incrible equilibrista, sabe ler!; Breogán, dono das alturas, amante do risco, pulga bala, salta á piscina nun triple mortal; e Mimi, a pulga que interactúa cos nenos, e capaz de xogar ao futbol –cunha pelota do seu tamaño-, e fai equilibrios enriba dunha pelota de tenis de mesa.
As pulgas do espectáculo foron domadas durante un longo período de tempo seguindo a tradición galega dos máis prestixiosos domadores de pulgas polo propio Claudio Carruselo, na que non se emprega ningún tipo de maltrato aos animais.
Aínda que as pulgas non chegan a falar, a sua língua propia, na que gustan escoitar falar os nenos e nenas, é o galego. (Texto integro en http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf)
MOITÍSIMAS GRAZAS A SALVA, POLO GUSTO E COIDADO DO TEU ESPECTÁCULO, E A SÚA COLABORADORA ANA!!!
Máis información
http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf
http://circodepulgas.blogaliza.org/