Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

ACTIVIDADES DO PLAN COMUNITARIO. RECUPERACIÓN DO MONTE DA MADROA

Charla Plan Comunitario de Teis


cartel madroa

 

O alumnado de 4º e 5º nivel tivemos unha actividade sobre a recuperación do bosque  autóctono que nos deron membros do Plan Comunitario de Teis e da Comunidade de Montes. Esta actividade completarase cunha saída na primavera ó monte, para ver como se recuperaron a flora e a fauna nos bosques que están a rexenerar na Madroa.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Regueifas para o alumnado do terceiro ciclo

durante a regueifa

Hoxe tivemos o pracer de compartir con Luis "O Caruncho" e Pinto d'Herbón un obradoiro de regueifas organizado pola Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo para potenciar o noso Galego.

Acompañados de zanfona e con moi imaxinación arrincaron cunha regueifa:


 

Explicáronnos que  as regueifas ou Pan de voda son unha estrofa ou copla popular onde hai unha rima asonante ou consonante entre os versos 2º e 4º, cun ritmo moi pegadizo.

Fixemos as nosas propias regueifas; aprendemos moito; pasámolo moi... moi ben; e sobre todo practicamos o noso Galego dun xeito diferente.

Podédelo ver no seguinte vídeo e reportaxe fotográfica:


Moitas grazas a todos e todas, os que facedes posible este tipo de actividades!

DE DESPEDIDA

O venres día 9 de Novembro, Ainhoa García Guisande, alumna de 5ºA, tivo que deixar o noso cole para incorporarse o CEIP de Belesar, pero os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle un agasallo que nunca esquecerá.

 

Ainhoa co seu agasallo nas seguintes fotos.

ainhoa

 


 

 


2º OBRADOIRO DE LINGUA GALEGA

 

A voltas coa Lingua

O alumnado de 3º e mais 2º B participou nunha actividade chamada "Ludoteca lingüística". Dun xeito lúdico, fixeron distintas probas para combater un "virus" que paraliza a lingua cando queremos falar no idioma galego. Pasárono moi, moi ben.

 

E para finalizar unha foto de familia.

obradoiro da lingua

OBRADOIRO PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Ó Equipo de Orientación organizou un obradoiro para o alumnado de 6º sobre  a Prevención da drogodependencia.

Esta semana o alumnado de 6º comezou un obradoiro organizado pola Concellería de Política e Benestar, xunto coa Alcaldía e a PLsDA (Plan Local sobre drogodependencias e outras adiccións). A encargada de dirixir este obradorio é Fani, que durante 4 sesións o longo do mes de outubro e novembro daranos información necesaria para abordar este tema.

Distribuir contido


by Dr. Radut