Os nenos e nenas de 2º tivemos a última sesión do Programa Medio-Ambiental da Madroa cunha visita no monte.
Cos monitores/as do Plan Comunitario de Teis, reflexionamos e fixemos actividades lúdicas de coñecemento, conservación e recuperación da flora e da fauna autóctona, en especial da que temos máis próxima nos Montes de Teis. Esta é un bo xeito de achegarnos ó noso bosque máis preto.
Aquí deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos!!!