Skip to Content

Novas

Comp.: Saída a Cervo

O venres 12 de xaneiro saímos de excursión a Cervo. Visitamos o Parque de Bombeiros e a fábrica de Sargadelos.

Comp.: Festa de Nadal

O día 21 de decembro celebramos no colexio o Festival de Nadal. Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

 

Comp: Magosto 2017

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Podes ver as imaxes premendo na foto.

 

 

Biblio: Curso de Crazy Talk impartido por alumnado de 6º

Durante toda a semana que vén está aberto o prazo de inscrición para o curso de "crazy talk" que impartirán Bea e Hugo, alumnos de sexto de primaria.

A semana seguinte tras a inscrición comezará o curso.

Que é o crazy talk? Eles mesmos o explican no seguinte vídeo creado para a ocasión:

 

 

Biblio: A verdadeira historia de carapuchiña vermella

Xa vos contamos o outro día que hai unha semana contamos e representamos o conto de carapuchiña vermella co alumnado de primeiro e segundo, pois ben, esta semana uniuse á actividade o terceiro curso eseguimos traballando sobre este mesmo conto. Despois de contar algunha versión máis do conto, recibimos por sorpresa unha carta... do lobo! Nela o lobo contaba a súa verdadeira versión do conto, totalmente diferente á versión que adoitamos escoitar por aí. Levamos unha boa sorpresa!

Biblio: Seguimos a pintar...

O alumnado de quinto e sexto seguen a aproveitar as clases de plástica para rematar de deseñar as escaleiras que dan acceso á biblioteca. No seguinte album de fotos xa deixamos ver algunha madeira case rematada.

Samaín: Exposición de cabazas

O alumnado e as familias do centro fixeron auténticas marabillas coas cabazas que lles pedimos para adornar a entrada do colexio pola festa do Samaín. No seguinte vídeo podedes velas. Hainas clásicas, orixinais, de medo, reivindicativas... de todo un pouco.

Grazas ás familias do colexio por participar dun xeito tan masivo.

 

Biblio: Libros Samaín

Na biblioteca preparamos algúns libros sobre estas datas de Samaín. No noso expositor atoparedes libros de vampiros, medo, bandas deseñadas do Samaín... Pasade a botar unha ollada pola biblioteca e pasarédelo "de medo".

 

Música: Nova actividade de coro

Este ano decidimos crear o Coro do CEIP Fondo Nois. O director é Iván, o noso mestre de música, e o pequeno grupo que empezamos co coro estamos ensaiando moi duro despois do comedor todos os luns e xoves.

Escollemos un repertorio bastante divertido e estamos agardando a telo moi ensaiado para amosarvos os nosos avances. Moito nos tarda...

Deixámosvos cunha ligazón a un vídeo dunha das cancións que estamos a preparar...

 

 

Biblio: Coguleo visita 5º e 6º de infantil

Como cada ano, Coguleo visitou ao alumnado de infantil para presentarse e invitalos a achegarse á nosa biblioteca. Foi moi ben recibido e pensamos que as visitas do alumnado de infantil á biblioteca serán frecuentes este ano.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut