Skip to Content

Novas

Biblio: Contamos carapuchiña (1º e 2º)

Os cursos de primeiro e segundo visitaron o pasado xoves a biblioteca para escoitar un conto clásico: Carapuchiña vermella. Os mestres contaron a historia, e o alumnado axudou lembrando moitas das súas partes xa que é un conto moi coñecido.

A sorpresa chegou cando se lle propuxo ao alumnado que fosen protagosnistas do conto. Había disfraces preparados: de avoa, de lobo, de cazador, e como non, de carapuchiña.

Se facedes click na foto seguinte podedes acceder ao album de fotos e ver o ben que o pasamos.

 

 

Biblio: Xogo de pistas

En quinto e sexto seguimos coa formación de colaboradores para a biblioteca, pero non todo vai ser traballar e argallamos un xogo de pista para atopar libros na biblioteca. Neste xogo aplicaban os coñecementos adquiridos na formación para atopar libros na nosa biblioteca e así desempeñar o seu traballo nos recreos correctamente.

 

Extraescolares: Obra de teatro Carapuchiña

O pasado venres despois do recreo tivemos a sorte de ver unha obra de teatro na que revisaban o conto de Carapuchiña vermella. Non foi a historia habitual, senón unha versión algo tola do conto clásico.

O alumnado e profesorado do colexio xuntámonos no ximnasio para ver esta historia de lobos, avoas e carapuchiñas algo particular...

 

Comp: Letras galegas 2017 (+ vídeos)

Biblio: Arte con caixas (Vídeo)

Comp: Día das Letras 2017

Estamos orgullosos de vos presentar as actuacións que tiveron lugar no noso colexio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, que este ano se lle dedica a Carlos Casares.

Dexámosvos gozar con algunha fotografía do gran acontecemento, á espera de vos poder mostrar o restro de actividades, tales como os vídeos xa con toda a música e as voces do alumnado do CEIP Fondo Nois.

 

FELICES FESTAS DAS LETRAS 2017

Preme na imaxe para ver máis

EDLG: Recursos educativos dixitais Día das Letras

(a) Material das Letras Galegas 2017 para infantil e primaria elaborado polos GT do Seminario Galán.

http://www.seminariogalan.org


(b) Abalar: Recursos educativos dixitais sobre o Día das Letras Galegas en espazoAbalar

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut