O Sábado 1 de abril tivo lugar en Burela, no Pavillón dos Castros, a última ronda do torneo de xadrez organizado polo programa XOGADE (Xogos Deportivos en Idade Escolar).
Este colexio participou con dous equipos, un benxamín e outro de alevíns.
Parabéns para o equipo alevín que acadou a medalla de bronce con 23 puntos, a tan só medio punto da de prata que conseguiu 23,5 puntos.
Neste torneo, que se xogou co sistema suizo, participaron 8 equipos: