Skip to Content

Novas

BIBLIOTECA E AULA TIC

Desde a semana pasada abrimos nos recreos a BIBLIOTECA DO CENTRO  e a AULA TIC, cun horario previamente establecido por cursos.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

No seguinte vídeo deixámosvos o resultado das creacións de cabazas realizadas polo noso alumnado e familias. 

Moitas grazas a todos os participantes.

(Prema na imaxe para ver o vídeo)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN.

(Prema na imaxe para descargala)

SAÍDA Á PRAIA

O pasado 10 de setembro realizamos unha saída á praia dos Xuncos, dando a benvida ao novo curso escolar e así gozar do bo tempo e da natureza. Pasámolo moi ben!

MODELO DE AUTODECLARACIÓN PARA COMEDOR

Achegamos o modelo de autodeclaración do comedor para o curso 21-22.

 

As autodeclacións entregaranse no Centro. O prazo remata o 03/09/2021, pero é aconsellable a súa entrega antes do 09/07/2021.

 

-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2020

-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.

-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

 

 

Podedes descargar o impreso e as intrucións no documento anexo ou recollelo no centro.

SEGUNDO DE EP: OBRA DE TEATRO

O pasado luns, 21 de xuño, o alumnado de 2º de EP interpretou a obra de teatro ´NUBIÑA PASCUAL´ na biblioteca do noso colexio. 

Podedes ver o vídeo premendo na imaxe.

EDLG: Dígocho Eu de castelanismos

 

Ola a todos e todas!

Como punto final deste curso dende Dinamización da Lingua Galega realizamos un #DígochoEu con algúns castelanismos que usamos diariamente. Se che apetece averiguar cales incluimos preme na imaxe para ver o ben que o fixeron o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria.

 

Bo verán!!

 

 

EDLG: Revista DÍA A DÍA Nº 32.

 
 
 
 
Podes premer na imaxe para descargar a revista en PDF.

Percorrido histórico-xeográfico Nois-Cangas. Alumnos 6º EP

Este xoves, 10 de xuño, o alumnado de 6º de EP participou nun percorrido dende o colexio ata a Igrexa de Cangas de Foz. A ruta foi realizada a pé.

Observaron a beleza das praias e acantilados da zona, apreciando o desgaste do mar sobre a nosa costa.

Ademais atravesaron a desembocadura do río Alemparte contemplando o efecto da erosión da auga.

Na igrexa de Cangas observaron as características da construción deste edificio. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut