Skip to Content

Novas

Percorrido histórico-xeográfico Nois-Fazouro. Alumnos 6º EP

O xoves, 3 de xuño, o alumnado de 6º de EP participou nun percorrido histórico-xeográfico, dende o colexio ata a desenvocadura do río Ouro, en Fazouro. 

Realizamos esta ruta a pé, e durante a mesma os/as alumnos/as aprenderon características do entorno próximo ao centro tanto de tipo xeográfico como histórico:

  • Praias máis importantes (As Pólas, As Policas, Arealonga, Pampillosa..)
  • A igrexa de San Xulián de Nois.
  • O porto de Nois.
  • O castro de Fazouro.
  • A desenvocadura do río Ouro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Saída á praia das Pólas

O pasado venres, 28 de maio, o alumnado de 1º e 2º de EP realizaron unha saída á praia das Pólas. Os nenos e nenas aproveitaron o entorno para xogar e para repasar contidos traballados nas ciencias. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Letras Galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado realizou diferentes actividades dentro da aula, dende charlas para traballar a vida e obra de Xela Arias promovidas pola biblioteca, así coma diversos traballos realizados en cada titoría. 

Podedes ver fotos na seguinte imaxe.

MOSAICO DE XELA ARIAS.

Mosaico de Xela Arias realizado coas caricaturas feitas polos nenos e nenas do colexio.

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS DE XELA ARIAS.

Aquí tedes o gran resultado da exposición de caricaturas realizadas polo noso alumnado sobre Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas. 

 

 

(Premede nas imaxes para amplialas)

 

 

CONCURSO DE CARICATURAS. (XELA ARIAS)

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021.

A Real Academia Galega adícalle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. Aquí tedes varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

AQUELA NENA DE SARRIA. Colectivo Egeria.

SEMINARIO GALÁN. 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA.

UNIDADE DIDÁCTICA (XELA ARIAS)

 

                                

DÍA DA ÁRBORE

Este venres, 30 de abril, celebramos no colexio o DÍA DA ÁRBORE.

Xuntámonos todos na área verde do noso parque e plantamos unha laranxeira.

A continuación eleximos entre todos o nome desta árbore, "FLORA", e cantamos xuntos unha canción: "As árbores da Fraga" de Fol do Vento.

Podedes ver algunhas fotos da conmemoración premendo na imaxe.

 

ADMISION 2021/22

ESTIMADAS FAMILIAS:

COMUNICAMOS QUE TODOS OS NENOS E NENAS QUE SOLICITARON

PRAZA NO NOSO CENTRO FORON ADMITIDOS.

 

Actividades Día do Libro.

Con motivo do DÍA DO LIBRO, o alumnado do noso centro reailizou diferentes actividades de dinamización da lectura:

  Colllage. 6º de Infantil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vídeo 4º Primaria.  

 

Recomendacións lectoras. 5º Primaria

 

 Vídeo 3º Primaria

Música: "Nun libro" (Paco Nogueiras)

  

Vídeo. 1º de Primaria

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut