Skip to Content

Celebrando o Nadal no Flavia

O día 22 de decembro estivemos celebrando o Nadal con ledas panxoliñas, comendo as uvas ao son das badaladas, e chocolate con churros... unha festa por todo o alto!!!

 

HORARIO DÍA 22 DE DECEMBRO

 

 

Estimadas familias: Adxuntamos a nota coa informacion do horario do vindeiro día 22 de decembro

FELICES FESTAS!!

CONCERTO DIDÁCTICO CON XAVIER LOZANO

O pasado mércores 7 de decembro fomos ver un concerto didáctico ao Auditorio de Padrón, cos grupos de Educación Infantil, terceiro e quinto de Primaria.

O músico Xavier Lozano, que ten unha ampla traxectoria como intérprete en diversas agrupacións de folk e world music ofreceunos unha mostra de instrumentos creados con materiais de refugallo do máis diverso, presentados con moito humor e que soaban moi ben...

Danza e Land Art no 25 de Novembro

No pasado venres 25 de novembro, no colexio Flavia unímonos ao berro común pola eliminación da violencia contra as mulleres.

SEN CAMBIOS NON HAI BOLBORETAS. CAMBIA A TÚA MENTE, REXEITA A VIOLENCIA.

Podedes ver os videos das actividades clicando nos enlaces, grazas á profe María!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa estableceu o calendario para as eleccións de membros do consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos (Resolución do 19 de setembro, DOG 30/09/2022).

Irase informando das distintas actuacións nas vindeiras semanas.

3. ACTUALIZACIÓN 24/11/ 2022 Adxúntase a proclamación das candidaturas das familias para o consello escolar ( non houbo)

DÍA DO PIXAMA, POLO ACOLLEMENTO FAMILIAR

   Como cada ano, ASEAF, convídanos a participar nesta iniciativa a toda a comunidade Educativa. Para conmemorar o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia, propoñen que vaiamos en pixama ao cole!!

DEBUXOS DO CERTAME POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa están publicados os debuxos do noso alumnado participante no Certame de debuxo pola eliminación da violencia de xénero! Podedes velos expostos nos diferentes locais da hostelería de Padrón. Grazas a todo o alumnado que participou no certame.

CONTACONTOS DO CARBALLO CON BOTAS

  Este xoves 10 de novembro recibiremos a visita do contacontos Anxo Moure que nos vai narrar o seu libro "O Carballo con botas". Podedes ver no arquivo adxunto unha presentación moi chula deste conto feita polo profesor Suso. Grazas!

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS: 7 DE NOVEMBRO

 

  Estimadas familias: Os vindeiro luns 7 de novembro ás 16:30 terá lugar no colexio unha charla informativa sobre o uso saudable das TRICS dirixida aos responsables do alumnado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut