Dando continuación á participación do noso centro neste programa para a mellora da práctica docente, infórmase de que pasamos á segunda fase. Esta fase implica que o equipo de profesorado voluntario irán a observar a outro dentro da comunidade autónoma ( ceip A Laxe de Marín) e posteriormente, o equipo deste centro virán a observar no ceip Flavia. Está a ser unha experiencia moi interesante e enriquecedora...
Esta semana estivo o Club de Ciclismo de Padrón dándonos a coñecer este deporte e amosándonos as bicis que empregan eles, os materiais do que están feitos, as diferentes partes, ... Moitas grazas ao Club por vir ao noso centro!!!
No día 15 de marzo os dous cursos de 3º de Primaria saíron a plantar árbores no monte de Cruxeiras, en Carcacía. Mirade que bonitas imáxenes e canto traballaron...
No noso colexio temos moitas actividades para aprender e pasalo ben, como esta animación á lectura da editorial Santillana, na que participaron 3º e 5º curso.
Tamén nos visitou Raquel Queizás cunha presentación teatralizada sobre Alice Guy, a nai do cinematógrafo. Chulísima!!
Nestes días recibimos a visita de Jorge, un oficial da Garda Civil que nos deu formación sobre a prevención de conductas de risco para a nosa saúde e sobre o uso responsable das TRICs . Foi moi interesante. Moitas grazas!