O noso colexio acadou este premio polo seu traballo en canto á convivencia e benestar emocional (dotado en 1000 €). Recibindo tamén a felicitación persoal do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
O pasado luns 20 de novembro viñemos ao colexio en pixama para lembrar a importancia do acollemento familiar.
Grazas ás familias do alumnado e ao equipo docente pola súa colaboración e participación, e encantados de recibir a visita especial das autoridades da Xunta, Concello e a asociación Acougo.
No arquivo adxunto atoparán a información sobre esta charla, que será ofrecida no salón de actos do IES Camilo José Cela o luns 27 de novembro ás 16:30.