DÍA DO PIXAMA, POLO ACOLLEMENTO FAMILIAR
Como cada ano, ASEAF, convídanos a participar nesta iniciativa a toda a comunidade Educativa. Para conmemorar o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia, propoñen que vaiamos en pixama ao cole!! É para representar o momento da intimidade familiar da hora de ir a durmir, nun fogar calquera. Con esta iniciativa preténdese facer énfase na importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos, nenas e adolescentes… que os que viven en centros non o teñen cumprido.