A partires do 1 de Marzo de 2015 ábrese o prazo de admisión de novos alumnos/as para o vindeiro curso 2015-2016. O prazo e lugar de entrega é do 2 ao 23 de Marzo na secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00 h.
Os impresos de solicitude (Anexo II) poderán recollerse no colexio ou descargalos pulsando aquí. Tamén deberán entregar a Ficha de Recollida de Datos que tamén a poden descargar pulsando aquí. A documentación que teñen que entregar poden descargala de aquí.
O centro organiza unhas xornadas de portas abertas o 9 e 10 de Marzo de 2015 en horario de tarde de 16:00 a 18:00 h.
Poden descargar a normativa reguladora do procedemento de admisión pulsando aquí. Tamén poden descargar as instruccións do Xefatura Territorial e as instruccións da Consellería de Educación.
Os postos escolares ofertados poden descargalos pulsando aquí.
Nota informativa.
Calendario de admisión
O prazo para formalizar a matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Para elo teñen que entregar o documento de formalización da matricula (Anexo III) que tamén o poden descargar aquí.
Este centro está adscrito ao IES Virxe do Mar.
Os Servizos Complementarios que ofertamos son o Servizo de Comedor Escolar (Catering) xestionado pola ANPA e Servizo de Autobús.
As letras para desempate no baremo son H e E no primeiro apelido e W e I no segundo. O sorteo público realizouse o 25 de febreiro e a resolución deste sorteo poden descargala aqui.