Skip to Content

Informacion interesante

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012-2013

Para ver ou descargar o listado de libros de texto para o vindeiro curso académico, 2012-2013, pulse no nivel correspondente.

                               

 

                              

 

                              

Gratuidade de Libros para Educación Primaria do Curso 2012/2013

A solicitude para a axuda para libros para Educación Primaria comeza o día 2 de xuño ata o 2 de xullo. A orde que rixe estas axuda é a Orde de 30 de Maio de 2012 da Consellería de Educación que se publicou no DOG do 1 de Xuño. Poden descargar a Orde, a Instancia e os documentos a entregar desde estos enlaces:

Becas Fundación Otilia Millares

A Fundación Otilia Millares convoca becas para nenos/as pobres e talentosos veciños de Noia e arredores para este curso académico. A data de entrega de solicitudes é o 31 de Maio. Podense entregar na secretaria do centro.

Pódense consultar as Bases da convocatoria aqui.

Poden descargar a solicitude aqui o poden recollela na secretaria do centro.

Avaliación de Diagnóstico 2012


Estimadas familias:

O vindeiro mércores 23 e xoves 24 de Maio de 2012 en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia vaise realizar unha avaliación de diagnóstico para os nenos/as que cursan 4º de Primaria.

Este curso avaliase a competencia matemática, a competencia lingüística e a competencia e interacción co mundo físico. Os datos da avaliación non se farán públicos a nivel individual, senón que será a nivel de centro e a nivel de Comunidade Autónoma. Asi mesmo os pais/nais deberedes cubrir un cuestionario que entregaredes no  centro por medio dos vosos fillos/as como data límite 28 de Maio de 2012.

Lista de Admitidos para o Curso 2012/2013

A lista de alumnos admitidos para o curso 2012/2013 son as seguintes:

Comezo Curso 2011/2012


O Curso comezará o luns 12 de setembro, e o horario será de 10 a 12 da mañá para levar a cabo a presentación dos alumnos/as do profesorado. Os autobuses pasarán media hora antes polas paradas de costume.


Ao seguinte día haberá horario normal de 9:00 a 14:00


Os nenos de 3 anos comezarán o martes 13 en horario de periodo de adaptación o cal se lle facilitará telefonicamente polas titoras dos alumnos/as.

Libros de Texto para o Curso 2011/2012

As listas dos libros para o curso 2011/2012 é a seguinte:

Lista Libros

Gratuidade de Libros para Curso 2011/2012 para 1º,2º, 5º e 6º de Primaria

A solicitude para a axuda para libros para os niveis 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria comeza o día 1 de xuño ata o 30 de xuño. A orde que rixe estas axuda é a Orde de 13 de Maio da Consellería de Educación que se publicou no DOG do 31 de Maio. Poden descargar a Orde, a Instancia e os documentos a entregar desde estos enlaces:

Gratuidade de Libros para o Curso 2011/2012 para os cursos 3º e 4º de Primaria polo decreto do Plurilingüismo

A solicitude para a axuda para libros para os niveis 3º e 4º de Primaria comeza o día 1 de xuño ata o 30 de xuño. Esta axuda é só para o libro de Matemáticas que é o libro que cambiou de idioma polo decreto do plurilingüismo. A orde que rixe estas axuda é a Orde de 16 de Maio da Consellería de Educación que se publicou no DOG do 31 de Maio. Poden descargar a Orde, a Instancia e os documentos a entregar desde estos enlaces:


Matrícula para o Curso 2012/2013

O prazo de admisión para o curso 2012/2013 é dende o 1 de Marzo ata o 10 de Abril. Dende o 2 de Abril ata o 9 de Abril o centro permanecerá pechado por ser periodo non lectivo.

A documentación que hai que presentar é:
    - 3 Fotos de Carné do neno/a
    - Fotocopia do Libro de Familia onde aparezan o neno/a e os pais ou titor legal
    - Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno/a
    - Fotocopia DNI dos pais ou titores
    - Anexo II, asinado polos dous pais
    - Ficha de Recollida de Datos
    - Cuestionario para Elexir Idioma

A lexislación que rixe o proceso de admisión son:
    - Decreto 30/2007 do 15 de Marzo
    - Orde do 17 de Marzo do 2007

Distribuir contido


by Dr. Radut