Skip to Content

Informacion interesante

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2013/14

Do 5 ao 17 de Abril estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novos alumnos de cara ó curso 2013/14. O impreso poderase recoller na Secretaría do Centro ou descargalo desta páxina WEB. Haberá xornada de portas abertas do 2 de Abril ata 5 de Abril de horario de 16:00 h. ata 18:00 h.

Documentación a presentar:

- Solicitude de admisión (ANEXO II)

- Ficha de recollida de datos persoais facilitada polo centro

- Fotocopia Libro de Familia

- Fotocopia Tarxeta Sanitaria

- Fotocopia da cartilla de vacinacións

- Fotocopia do DNI dos pais

- 3 Fotos de carnet do neno/a

No caso de ser un alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberase entregar documento xustificativo de dita situación.

No caso no que os pais do neno/a que solicita praza no centro estean separados ou divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio ou separación, dita solicitude deberá estar asinada polos dous pais (IMPORTANTE).

CADA ALUMNO/A SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR, DE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE PERDERAN O DEREITO DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

O alumnado que este matriculado no centro este curso salvo aviso por parte das familias enténdese que continuan para o próximo curso. Se por algunha razón ten pensado cambiar de centro deberán solicitalo por escrito, xa que non se pode facer reserva noutro centro sen antes avisar da baixa neste.

Pode consultar a orde que regula o proceso de admisión aquí.

Pode descargar os archivos nos seguintes enlaces:

ANEXO II

FICHA DE RECOLLIDA DE DATOS

Unha vez descargados pode cumprimentalos electronicamente (no ordenador), imprimilos e entregalos no Centro.

 

 

ACTUACIÓN PETER PUNK

O martes 19 de marzo o alumnado do colexio asistiu a unha función do paiaso-malabarista Peter Punk celebrada no Liceo de Noia. A actuación foi organizada pola ANPA DO COLEXIO e estivo fenomenal, xa que os nosos rapaces e rapazas pasárono en grande. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Emisión de curtas na TVG

NÓS TAMÉN CREAMOS! no Xabarín Club

O Xabarín Club emitirá o vindeiro sábado, día 12, ás 11 horas, as tres curtametraxes gañadoras do concurso Nós tamén creamos! edición 2012.

Estade atentos á TVG2 para desfrutar con

A máscara do león, do CEIP FELIPE DE CASTRO;

A tartaruga que quería durmir, do CPI AS REVOLTAS (Cabana de Bergantiños) e

Loboferoz, do CPI STA. LUCÍA (MORAÑA - PONTEVEDRA)

 

NADAL 2012

 

 

           

O CEIP FELIPE DE CASTRO DESÉXAVOS UN

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO 2013

PARA VER O BELÉN EXPOSTO NO COLEXIO PREMEDE AQUÍ.

PARA VER A FESTA DE FIN DE ANO QUE CELEBROU O ALUMANDO DE 5º E 6º, PREMEDE AQUÍ.

 

 

 

 

Benvidos/as ao novo curso escolar 2012-2013

Dende o claustro de mestres/as do CEIP Felipe de Castro queremos darvos a todos/as a benvida ao novo curso escolar. 

A continuación, deixámosvos dous documentos: un tríptico informativo sobre o colexio (horario, claustro de mestres/as, servizos, etc...) e o cadro das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA, Concello e o colexio para o curso 2012-2013.

Para visionalos nun tamaño maior premede na icona de pantalla completa.


TRÍPTICO INFORMATIVO CURSO 2012-2013


 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-2013

 

Distribuir contido


by Dr. Radut