Durante o mes de abril levouse a cabo a primeira edición do Concurso de Microrrelatos, organizado conxuntamente polo EDNL e o Equipo de Biblioteca e dirixido ao alumnado de 3º a 6º de primaria.
Presentáronse un total de 50 microrrelatos, resultando gañadores/as os seguintes alumnos/as:
Saúl Avilés
Noa Blanco
Marta Hermida
Outorgáronse dous accésits :
Area Busto e Sara Castaño
Os cinco alumnos/as foron agasallados cun libro de Mª Victoria Moreno e os seus traballos serán publicados na revista escolar do colexio.