Non o tivo fácil o xurado que valorou os máis de 60 traballos que elaboraron os 50 centros participantes en Nós tamén creamos!, porque a enorme calidade de todos eles obrigou a deixar sen premio curtametraxes de moitísimo valor, pero o CEIP Felipe de Castro acadou dous galardóns: unha mención especial coa curtametraxe MAXIA na categoría de Infantil e o primeiro premio coa curta A MÁSCARA DO LEÓN na categoría do 2º ciclo de primaria.