Skip to Content

Novas

INFORMACIÓN DA ANPA "AVILÉS E TARAMANCOS"

Nos seguintes enlaces tedes o formulario para facerse socio da ANPA, para inscribirse no servizo de COMEDOR e no servizo MADRUGA. 
 
Formulario para facer socio/a da Anpa Avilés de Taramancos
 
 
 
Estimadas familias.
 
Lanzamos os enlaces de preinscrición da AULA BOS DÍAS e do SERVIZO COMEDOR.
Os prezos serán os seguintes. (Pendientes subvención da Xunta, e número de nenos)
*Os prezos poderían baixar, pero non subir(damos o prezo máximo)
 
Para nenos e nenas que van máis de 5 días ao mes o prezo de monitores: Fixo de 35€/mes e 4,4€ por menú e día.
 
Para nenos e nenas que vaian menos de 5 días o prezo será de 8€/día
ENLACE INSCRICIÓN COMEDOR BERGONDO. https://forms.gle/BfGrMnTP1DmRJMCq5
 
No caso do servizo madruga o custe mantense igual que o ano pasado 30€ neno e nena e mes e 3€ días soltos(máximo 5 dias/mes)
 
ENLACE INSCRICIÓN MADRUGA: https://forms.gle/knjCLqfxFrm18FGEA
 
Un saúdo, grazas e desaxamosvos un bo curso escolar

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2012-2013

            O vindeiro martes 18 de xuño, a Anpa convoca a asamblea xeral ordinaria correspondente o curso 2012-2013, co seguinte orde do día:

            ● Resumo das actividades realizadas durante o curso

            ● Estado das contas

            ● Propostas para o vindeiro curso

            ● Rogos e preguntas

            Consideramos que a vosa asistencia e importante e necesaria, así coma a vosa opinión para levar a cabo novas propostas e melloralas exitentes.

            Hora da asamblea. Única convocatoria: 20:00 h Lugar: Salón de actos do Colexio

                         A Directiva

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ADHESIÓN CONVENIO COMEDORES XUNTA

             Tras non recibir resposta por parte da Administración ó documento coa demanda necesaria para poder adherirnos ó convenio de comedores ofertado, enviado o pasado 8 de maio, e unha vez reunidos os socios en asamblea, a Anpa Avilés de Taramancos, pertencente ó C.E.I.P. Felipe de Castro de Noia, decidiu por unanimidade NON adherirse ó convenio de xestión de comedores ofertado pola Xunta, xa que nas condicións ofertadas resultaría imposible cubrilas necesidades reáis de demanda do servizo.

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

O pasado martes 19 de Marzo, organizamo-la actuación de Peter Punk para tódolos nenos do cole, e como diría o xa noso amigo Peter Punk pasámolo guai guai que te cagas, aqui vos deixamos un pequeno vídeo para que vos fagades unha idea....

CHARLA MEDIOAMBIENTAL SOBRE OS BOSQUES AUTÓCTONOS (BARBANZA)

O vindeiro 18 de Marzo a Anpa organiza no centro para todos os alumnos unha interesante charla medioambiental sobre os bósques autóctonos de Galicia, en concreto do Barbanza, esta charla será impartida  polos Técnicos do Distrito Forestal IV da Xunta de Galicia.

Visualiza aqui o contido da charla

XORNADAS PSICOPEDAGÓXICAS 2013

Estimados socios,

Facémosvos chegar a invitación da ANPA do IES Virxe do Mar para asistir ás xornadas psicopedagóxicas que se celebrarán no IES Virxe do Mar no vindeiro mes de Marzo.

As Xornadas darán comezo o venres 8 de marzo, ás 20:00 no IES VIRXE DO MAR, e das que vos achegamos o programa das conferencias.

 Dada a calidade e importancia dos ponentes e dos temas a tratar, gustaríanos moito contar coa vosa presenza  e agradeceríamos que fixésedes difusión das mesmas ás persoas que lles puidese interesar, xa que son xornadas de portas abertas.

 Nestas xornadas que levan por título " NOVAS ADICIÓNS E CAMBIOS SOCIAIS", traranse temas de adicións as novas tecnoloxías, os novos cambios sociais como afrontalos, temas de acoso nas aulas .

Nestra primeira  conferencia a inauguración será ás 19/45 para entrega de material e presentación.

 ESPERÁMOSVOS .

Descargate aqui a programación das xornadas

Descargate aqui o cartel das xornadas

REALIDADE E NECESIDADES DO NOSO SISTEMA EDUCATIVO

Queremos ofrecer esta intervención dunha MESTRA, na "...comisión non permanente especial de estudio das técnicas e das actuacións para millorar o rendimento escolar e as posibilidades de ocupación dos xovenes, celebrada o día 15 de outubro de 2012..."

Pensamos que escoitar intervencións como esta nos pode axudar a todos a comprender a realidade e as necesidades do noso sistema educativo.

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=cCs1i6Z03J4

FINALIZACIÓN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ANPA CURSO 2012-2013

O vindeiro venres 22 de Febreiro e a data límite para a recollida de inscripcións na Anpa para o curso 2012-2013, a partir desa data só se permitirá a inscripción dos alumnos que vaian a facer uso do comedor escolar.

Esperamos e animamos a todos a que no vindeiro curso se poida incrementar o número de socios, este curso o incremento en número de socios foi do 67% chegando ata os 175 alumnos, pero ainda lonxe dos case 400 que estudan no centro.

Descargate aqui o formulario para facerte socio/a da A.N.P.A. Avilés de Taramancos

ALUMNOS ADMITIDOS NO CURSO DE PISCINA E HORARIO GARDAS DOS PAIS

Aqui podedes descargar os listados definitivos dos alumnos admitidos na actividade de piscina, que comezou este mes de Febreiro, xunto con cada listado remitese o calendario de gardas que deberán facer os pais, no que poderedes cambiar turnos poñéndovos de acordo entre vós.

O cumprimento deste horario é un compromiso adquirido á hora de inscribir os nenos nesta actividade, sempre terán que permanecer dous adultos na piscina durante o curso, cada pai será responsable de que na data e hora que lle corresponda haxa un adulto no curso, o incumprimento de ditas normas obrigará ó alumno a abandoa-la actividade.

Listado alumnos e calendario de gardas Infantil e 1º e 2º de Primaria

Listado alumnos e calendario de gardas de 3º a 6º de Primaria

FOTOS RECORDO ESCOLAR CURSO 12-13

Estimados pais e nais, o vindeiros días 18 e 19 de Febreiro, realizarase no colexio a toma de fotografías, para o Recordo Escolar Curso 12-13. As fotografías realizaránse nos seguintes cursos 4º e 6º de Infantil e 2º, 4º e 6º de Primaria.

Este ano cambiamos o sistema e a empresa que realizará as fotografías, serán realizadas por “Pichero Estudio Fotográfico”, entregaráse unha única foto de muestra (que non é preciso devolver) para que os pais poidan evaluar a súa compra, e aqueles que estedes interesados poderedes pagar e retira-la reportaxe a partir do día 04 de Marzo en “Pichero Estudio Fotográfico”. Se algún neno non acude o colexio esos días, pode realizar a reportaxe nas instalacións do fotógrafo entre o 20 e o 22 de Febreiro (chamar por telf. para concertar cita)

A repotaxe consta de 8 fotos de carnet; 4 fotos ....

Distribuir contido


by Dr. Radut