Skip to Content

Actividades extraescolares

APORTANDO O NOSO “GRAN DE AREA” PARA SALVAR OS AREAIS

“Programa para unha transición ecolóxica. Pequenos xestos que implican unha gran

solución.”

 

O pasado venres 04 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria, en colaboración co CEIDA (Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) realizou unha actividade para implicarse coa preservación do medio ambiente.

Dita actividade constou de dúas partes:

- Nunha primeira sesión, realizouse no centro educativo unha charla para o alumnado sobre a problemática do lixo mariño. Os membros do CEIDA expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, concenciándonos do impacto negativo das accións da xente  e que facer para reducir ou tentar mitigar os seus efectos.

- A segunda sesión, levada a cabo o venres 04 de outubro, transcorreu na Praia de Testal onde, de xeito práctico, fixemos unha  revisión do estado da Praia e limpeza da mesma. Realizamos un inventario dos residuos recollidos, anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ao remate calculamos o seu peso e fixemos unha posta en común en base ao tipo de residuo predominante, por que cremos que puido chegar alí, como se podería evitar…

Recollemos, en tan só unha hora e media 76,37 kg de lixo e, unha das cousas máis curiosas que atopamos e recollemos foi unha botella cunha mensaxe dentro…

 

 

 
 
 
 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025

O vindeiro martes 1 de outubro de 2024 comezan as actividades extraescolares no CEIP Felipe de Castro, organizadas pola ANPA, o colexio, e a colaboración do Concello de Noia. Ditas actividades rematarán o venres 30 de maio de 2025.

Os usuarios da actividade Biblioteca Escolar deberán enviar un correo electrónico ó centro onde conste o nome e apelidos do alumno, curso, e días e horas que vai facer uso do servizo tendo en conta que os luns e os venres a biblioteca permanecerá pechada. 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

 

 

 

16:00H-17:00H

 

Inglés

(todas as idades)

 

Fútbol Sala

(todas as idades)

 

Obradoiros divertidos

 

Biblioteca

 

Inglés

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

Fútbol Sala

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

 

17:00H-18:00H

 

Inglés

(todas as idades)

 

Introducción á robótica

 

Biblioteca

 

Inglés

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

 

Biblioteca

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut