Skip to Content

Día contra a violencia de xénero

Día Internacional contra a violencia de xénero.

Día internacional contra a violencia de xénero no CEIP felipe de Castro (Noia)

 

O vindeiro domingo, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para facer visible e mostrar a nosa máis enérxica repulsa faremos unha actividade, o luns 26, á que acudiremos vestidos de negro. Poden sumarse todas aquelas persoas que se acheguen ese día ao centro.

Un pouco antes do recreo baixaremos ao patio onde un alumno e unha alumna de 6º, en representación de todos nós, lerán un manifesto. Cada aula baixará un globo negro cunha mensaxe ao respecto que se colgará na verxa da entrada ao colexio.

Para rematar escoitaremos/cantaremos a canción "Ella" de Bebe.

Podedes escoitala e ler a letra pinchando na seguinte imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut