O periodo do proceso de admisión para o curso 2017-2018 abrengue dende o día 1 ata o día 20 de Marzo de 2017. Teñan en conta que o día 1 de marzo o centro permanecerá pechado pola festividade do entroido.
A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017.
Como novidade nesta convocatoria, o proceso de admisión poderase facer telematicamente a traves da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar coma sempre as solicitudes no propio centro.
Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.
Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PEC) pulsando aqui.
Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2017-2018 pulsando aqui.
A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala pulsando aqui.
Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.
O martes 7 de marzo hai unha visita guiada ao centro para os/as pais/nais que o desexen que será ás 16:30h.