Skip to Content

O ACROSPORT

O acrosport consiste en facer acrobacias e figuras cos nosos corpos. Os alumnos/as de 5º fixemos coreografías de acrosport. O primeiro que fixemos foron os grupos, e para ison tivemos en conta que en dada un tiña que haber nenos/as portores, axudantes e nenos/as que fixeran as acrobacias. Todos tivemos a mesma importancia. Despois ensaiamos as figuras e decidimos entre todos os membros do grupo cales íamos meter na coreografía. Pasámolo moi ben montando as coreografías. Invitamos os alumnos/as de 6º a que as viran e agora tamén volas queremos amosar a vós. O resultado é este! Agardamos que vos guste tanto coma a nós.

O alumnado de 5º educación Primaria



page | by Dr. Radut