Os alumnos e alumnas de infantil fixeron unha exposición de pintura galega. Os pais e as nais dos rapaces poden vir a visitar a exposición os luns 26 de maio, 2, 9 e 16 de xuño de 16:00 a 19:00. Tamén poden vir os días 27,28,29 e 30 de maio en horario de 16:00 a 18:00. Poden ver o triptico da exposición pulsando aquí.
O venres 28 de febreiro celebramos no colexio o festa de Entroido. Trasladamonos ao marabilloso mundo da ilusión e da fantasía coas que cada día soñamos da man dos nosos queridos debuxos animados.
Comezaron os pitufos do cole, si, si…!! os pitufos e pitufinas de 3 anos que sairon a bailar e cantar coas súas mellores galas.
O martes día 18 de febreiro o alumnado de quinto acompañado polos seus titores, desprazouse ata o monte San Lois para realizar unha prantación de especies autóctonas.
Foron titorizados nesa labor por integrantes da Comunidade de Montes de Boa.
Foi unha experiencia moi interesante na que todos disfrutamos e aprendemos moito.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no seu portal educativo o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar. Para ver toda a información e os anexos correspondentes pìncha aqui.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2013 ao 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusive.