Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Achegamos información sobre a apertura das eleccións ao Consello Escolar.

Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro 2024).

 

SAMAÍN 2024

Resumo das actividades levadas a cabo polos alumnos de infantil e primaria con motivo do samaín.

 

APRENDENDO COUSAS DAS SETAS

O 8 de outubro o alumnado  de primeiro ciclo participaron nun taller micófilo no centro, organizado  por AMABUL.

Coñecemos setas de diferentes tipos, cores, e formas así como si son comestibles ou non. Para iso contamos con paneis ilustrativos, setas de verdade e xogos manipulativos moi interesantes.

APORTANDO O NOSO “GRAN DE AREA” PARA SALVAR OS AREAIS

“Programa para unha transición ecolóxica. Pequenos xestos que implican unha gran

solución.”

 

O pasado venres 04 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria, en colaboración co CEIDA (Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) realizou unha actividade para implicarse coa preservación do medio ambiente.

Dita actividade constou de dúas partes:

- Nunha primeira sesión, realizouse no centro educativo unha charla para o alumnado sobre a problemática do lixo mariño. Os membros do CEIDA expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, concenciándonos do impacto negativo das accións da xente  e que facer para reducir ou tentar mitigar os seus efectos.

- A segunda sesión, levada a cabo o venres 04 de outubro, transcorreu na Praia de Testal onde, de xeito práctico, fixemos unha  revisión do estado da Praia e limpeza da mesma. Realizamos un inventario dos residuos recollidos, anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ao remate calculamos o seu peso e fixemos unha posta en común en base ao tipo de residuo predominante, por que cremos que puido chegar alí, como se podería evitar…

Recollemos, en tan só unha hora e media 76,37 kg de lixo e, unha das cousas máis curiosas que atopamos e recollemos foi unha botella cunha mensaxe dentro…

 

 

 
 
 
 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025

O vindeiro martes 1 de outubro de 2024 comezan as actividades extraescolares no CEIP Felipe de Castro, organizadas pola ANPA, o colexio, e a colaboración do Concello de Noia. Ditas actividades rematarán o venres 30 de maio de 2025.

Os usuarios da actividade Biblioteca Escolar deberán enviar un correo electrónico ó centro onde conste o nome e apelidos do alumno, curso, e días e horas que vai facer uso do servizo tendo en conta que os luns e os venres a biblioteca permanecerá pechada. 

 

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

 

 

 

16:00H-17:00H

 

Inglés

(todas as idades)

 

Fútbol Sala

(todas as idades)

 

Obradoiros divertidos

 

Biblioteca

 

Inglés

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

Fútbol Sala

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

 

17:00H-18:00H

 

Inglés

(todas as idades)

 

Introducción á robótica

 

Biblioteca

 

Inglés

(todas as idades)

 

Biblioteca

 

 

Biblioteca

 

 

 

MATERIAL ESCOLAR PARA PRIMARIA CURSO 2024/2025

Publicamos as listaxes de material escolar para este curso. Facer clic no curso correspondente.

Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Quinto

Sexto

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Calendario Escolar 24-25

Facendo clic na imaxe ten acceso ao calendario escolar do curso 24-25, para descargar e/ou imprimir.

 

 
 

INFORMACIÓN DA ANPA "AVILÉS E TARAMANCOS"

Nos seguintes enlaces tedes o formulario para facerse socio da ANPA, para inscribirse no servizo de COMEDOR e no servizo MADRUGA. 
 
Formulario para facer socio/a da Anpa Avilés de Taramancos
 
 
 
Estimadas familias.
 
Lanzamos os enlaces de preinscrición da AULA BOS DÍAS e do SERVIZO COMEDOR.
Os prezos serán os seguintes. (Pendientes subvención da Xunta, e número de nenos)
*Os prezos poderían baixar, pero non subir(damos o prezo máximo)
 
Para nenos e nenas que van máis de 5 días ao mes o prezo de monitores: Fixo de 35€/mes e 4,4€ por menú e día.
 
Para nenos e nenas que vaian menos de 5 días o prezo será de 8€/día
ENLACE INSCRICIÓN COMEDOR BERGONDO. https://forms.gle/BfGrMnTP1DmRJMCq5
 
No caso do servizo madruga o custe mantense igual que o ano pasado 30€ neno e nena e mes e 3€ días soltos(máximo 5 dias/mes)
 
ENLACE INSCRICIÓN MADRUGA: https://forms.gle/knjCLqfxFrm18FGEA
 
Un saúdo, grazas e desaxamosvos un bo curso escolar
Distribuir contido


by Dr. Radut