Skip to Content

Nova placa

O mércores 3 de maio realizamos a substitución da vella placa de madeira que estaba posta na rocha situada diante da fachada do colexio por outra placa nova fabricada en metacrilato incoloro.

 

Tal e como se aprecia na fotografía, na placa pódense ler os seguintes versos pertencentes ao poema "A fala" do poeta galego Manuel María.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

Deste xeito queremos reafirmar o compromiso do noso colexio coa defensa da nosa lingua e o seu emprego en todos os ámbitos.

Día do Libro, 23 de abril

Para conmemorar o Día do Libro o noso alumnado fixo a súa propia aportación literaria.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 23/24 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

Visita de María Canosa

Hoxe o alumnado de 4º de primaria asistiu na biblioteca do colexio a unha charla con María Canosa, autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil. O noso alumnado leu a obra de María Canosa "O que nunca che contaron"

Clica na imaxe para ver as fotografías

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O CEIP Felipe de Castro participou, un ano máis, nos "Xogos Deportivos Escolares en Idade Escolar" (XOGADE).

Clica na imaxe para ver as fotografías

Logo de superar as fases comarcal e intercomarcal celebradas en Noia e Porto do Son, un grupo de alumnas clasificouse para a fase PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS celebrada en Ferrol.

A partcipación do centro nesta fase final foi nas categorías Alevín, onde conseguiron o 3º posto por equipos e na categoría Infantil, onde tamén acadaron o 2º posto por equipos.

A título individual, umha alumna de 5º de Primaria acadou o segundo posto individual feminino.

Noraboa a todas e todos os participantes e PARABÉNS para as nosas gañadoras!!!

VER FOTOS

8 de marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mural elaborado polo noso alumnado para conmemorar o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e ao empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

ENTROIDO 2023 "50 ANIVERSARIO DO CEIP FELIPE DE CASTRO"

Este ano fixemos o desfile do Entroido o venres 17 de febreiro e o tema escollido foi o 50 Aniversadio do CEIP Felipe de Castro. Deste xeito fixemos un repaso dos acontecementos históricos, deportivos, culturais... correspondentes ás diferentes décadas que viviu o colexio dende os 70 ata a actualidade.

Aí vai un resumo do que foi ese día tan divertido!

3ª Xornada Intercomarcal de Campo a travès

Despois de clasificarnos no Comarcal e no Intercomarcal, tócanos participar o vindeiro 17 de marzo no Campionato Provincial de Campo a través. Moita sorte rapazas!

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos pùblicos aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut