Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

Xa chegou o fin de curso e os nosos alumnos e alumnas merecen unha boa despedida para celebralo e deste xeito o mércores 21 de xuño celebramos a nosa festa de fin de curso co espectáculo musical C@NTO CONTIGO a cargo de Paco Nogueiras.

O alumnado de 6º curso de primaria tamén realizou un espectáculo musical con coreografía ao ritmo do Waka Waka de Shakira.

Finalmente, fíxose entrega ao alumnado de 6º de Infantil dos diplomas de paso da etapa de Infantil a Primaria e xa para rematar entregáronse os diplomas acreditativos do seu paso polo CEIP Felipe de Castro ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

Premede na imaxe inferior para ver unha presentación fotográfica desta festa na nosa galería.

O XORNAL DE BERGONDO 2023-2024

Xa está dispoñible un novo número da nosa revista escolar dixital "O xornal de Bergondo"

Para ler a revista a pantalla completa premede na imaxe inferior.

 
 
 
 

FORMALIZACIÓN DA MATRICULA PARA O CURSO 2023-2024

Os alumnos e alumnas que están admitidos para o vindeiro curso 2023-2024 deberán formalizar a matrícula entre os días 20 e 30 de xuño (ambos incluídos).

O documento de formalización da matrícula poden descargalo aqui.

 

Excursión a Manzaneda

O alumnado de 6º de primaria realizou a súa excursión de fin de curso e viaxou ata a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, un lugar idóneo para desfrutar da natureza e facer deporte. O alumnado e os seus mestres saíron de Noia o 29 de maio pola mañán e voltaron o día 31 pola tarde.

Nos días que pasaron na estación o alumnado puido practicar diferentes actividades, como sendeirismo, tiro con arco, parque multiaventura, veladas, orientación fotográfica e piscina.

Baloncesto interescolar

O venres 26 de maio participamos xunto con outros centros escolares na xornada interescolar de baloncesto que se celebrou no pavillón polideportivo Alonso Rodríguez de Noia.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2023/2024 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aqui e presentala presencialmente.

"Un optimista radical"

 

 

O 16 de maio tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Un optimista radical", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.

Clica na imaxe para ver as fotografías

No espectáculo "Un optimista radical" Serafín Marcos fixo un percorrido pola vida de Francisco Fernández del Riego levando ás persoas asistentes dende Vilanova de Lourenzá, a súa vila natal, ata a cidade de Vigo co humor característico das súas montaxes. 

O evento pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. 

VER FOTOS DESTE EVENTO

Mural de Francisco Fdez. del Riego

O alumnado de 6º curso de primaria elaborou un macromural en tea sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2023.

Preme na imaxe para ver as fotosVer fotografías

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

Publícase a listaxe definitiva de admisión de alumnos para o próximo curso.

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 23/24 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

Concerto didáctico

O xoves 4 de maio desprazámonos co alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria ata o Coliseo Noela para asistir a un concerto didáctico ofrecido polo Consevatorio de Noia.

O alumnado pasouno moi ben disfrutando da música en vivo e atendendo ás explicacións sobre as diferentes familias de instrumentos musicais. O Concerto Didáctico trata de involucrar aos nenos nunha experiencia musical inesquecible, onde se esparce a semente de gusto pola música que poderá cultivarse durante toda a vida. Estes concertos vívense como viaxes a través do tempo mediante os estilos musicais e a súa evolución, neles os alumnos/as son guiados polos músicos que utilizan pezas de música coidadosamente seleccionadas e de maneira interactiva e divertida van transmitindo o coñecemento, as notas, a harmonía, os sons que producen os seus instrumentos...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut