Skip to Content

CHEIRA A ENTROIDO EN LEIRO

O vindeiro venres día 24 de febreiro celebraremos o Entroido no cole cunha super festa medieval.

Pola mañá prepararemos orellas para degustar e organizaremos tódolos postos de exposicións, logo vestirémonos e xantaremos, para pola tarde desfrutar da festa.

Os disfraces serán relacionados coa temática e os postos de artesanía mostrarán tódolos traballos feitos nas últimas semanas: pedras pintadas, bandeiras, escudos e espadas, instrumentos do medievo, alfarería...

QUE SE ESTARÁ COCENDO NO COLE DE LEIRO?...SERÁ UN PROGRAMA DE TELEVISIÓN?...

No colexio de Leiro algo divertido se está cocendo....que será?

Pois nada menos que un programa de televisión!

O pasado mércores acompañáronnos un fotógrafo, un cámara e unha presentadora de Telemiño para facer unha reportaxe sobre o noso cole e preparar un programa que o vindeiro luns día 6 de marzo gravaremos no seu plató.

OS CUMPREANOS DO COLE

Que mellor maneira de celebrar o cumpreanos que rodeado/a de amigos/as, verdade?

Os nenos e nenas do cole de Leiro, eso sábeno moi ben, pois o seu día especial sempre o festexan cos/as compañeiros/as e mestres/as.

E como o fan?

Pois traen algo rico para compartir: unha tarta, unhas galletas, caramelos.. e a cambio reciben apertas, felicitacións e cancións.

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Aínda que sabemos que un día só non é suficiente para proclamar a Paz, no cole de Leiro, a tarde do 30 de xaneiro foi dedicada a fomentala.

En primeiro lugar, tódolos nenos e nenas e mestres e mestras cantamos xuntos a canción "A Paz" composta polo profe de Música, José Antonio.

Logo, grandes e pequenos/as pasámolo xenial grazas a diferentes xogos cooperativos organizados polo mestre de Educación Física, Óscar.

XOGOS POPULARES

O luns 23 de xaneiro e o luns 3 de abril, visitounos Lito, un monitor moi divertido da Fundación Xaquín Lorenzo, que nos ensinou a desfrutar con diferentes xogos populares.

Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria pasaron dúas horas de diversión total!

 

(Ver imaxes en galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut