Skip to Content

Responder ó comentario

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Aínda que sabemos que un día só non é suficiente para proclamar a Paz, no cole de Leiro, a tarde do 30 de xaneiro foi dedicada a fomentala.

En primeiro lugar, tódolos nenos e nenas e mestres e mestras cantamos xuntos a canción "A Paz" composta polo profe de Música, José Antonio.

Logo, grandes e pequenos/as pasámolo xenial grazas a diferentes xogos cooperativos organizados polo mestre de Educación Física, Óscar.

E, por último, para esparexer bonitos desexos polo mundo, lanzamos dende o patio un grande globo cargado de mensaxes que tódolos alumnos/as e mestres/as escribimos nel. A encargada de botalo a voar foi Sofía, a máis peque do cole.

Un gran de area especial para que por todo recuncho reine a paz, non credes?

E...por certo...ata onde chegaría voando o noso globo?...

 

(Ver imaxes na galería)

Responder



by Dr. Radut