Skip to Content

QUE SE ESTARÁ COCENDO NO COLE DE LEIRO?...SERÁ UN PROGRAMA DE TELEVISIÓN?...

No colexio de Leiro algo divertido se está cocendo....que será?

Pois nada menos que un programa de televisión!

O pasado mércores acompañáronnos un fotógrafo, un cámara e unha presentadora de Telemiño para facer unha reportaxe sobre o noso cole e preparar un programa que o vindeiro luns día 6 de marzo gravaremos no seu plató.

Ademáis de sacarnos moitas fotos para o Xornal Escolar de La Región e gravar tódolos traballos de preparación da festa de Entroido, varios nenos e nenas exerceron de convidados improvisados e convertéronse durante uns minutos en fenómenos das adiviñas.

Estes convidados foron Eliskas, Andoni, Araceli, Silvia, Iker e Diego.



page | by Dr. Radut