Skip to Content

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 E XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O NOVO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Recordade que o prazo ordinario de matrícula para o curso 2017-2018 abrangue do martes día 20 ó  venres día 30 de xuño.

E se sodes pais/nais/titores(as) de nenos/as que vaian matricularse en Educación Infantil, anotade nas axendas que o xoves día 15 de xuño de 10:30 a 11:30 horas poderedes participar na xornada de portas abertas que como cada curso organiza o centro.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado venres día 6 de xuño, todo o alumnado e profesorado do cole puxemos rumbo á zona de Mondariz.

Alí puidemos visitar o Castelo de Sobroso, unha construcción con moito encanto e maxia que nos encantou e dende a cal puidemos desfrutar dunhas vistas impresionanates, o Balneario de Mondariz, onde saboreamos  no  Palacio da Auga unha auga un tanto especial, e tamén tivemos tempo de xantar e xogar nun fermoso parque ó pé do río.

VISITA Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Ó pasado luns día 29 de maio, os nenos e nenas de Primaria e os seus mestres e mestras, tiveron a oportunidade de visitar o Parlamento de Galicia da man da Mancomunidade do Ribeiro e acompañados/as polos compañeiros e compañeiras do colexio de Cenlle.

A pesar de que o tempo non axudou e houbo que xantar no cole, xa que a chuvia non lles permitiu xantar fóra, seguro que o pasaron moi ben.

 

(Ver imaxes na galería)

UNS VISITANTES MOI ESPECIAIS

Sabedes que visitantes tivo o cole de Leiro?

Adiviña adiviñanza...

Un coelliño e unha coelliña moi bonitiños!

E sabedes de quen son?

Pois de Patricia, Jorge e Mauro!

Distribuir contido


by Dr. Radut