Skip to Content

PROFESORADO CURSO 2017-2018

- TITORÍA DE INFANTIL: Paloma Manzano González.

- TITORÍA DE 1º E 2º DE PRIMARIA E MÚSICA: José Antonio Fernández Rodríguez.

- TITORÍA DE 3º E 4º DE PRIMARIA E EDUCACIÓN FÍSICA: Óscar Borrajo Vicente.

- TITORÍA DE 5º E 6º DE PRIMARIA: Lara Soto Vázquez.

- LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS) E PLÁSTICA: Mª Cristina Pérez Fraga.

- RELIXIÓN CATÓLICA: Melina Mª Pájaro Domínguez.

- PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E DIRECCIÓN: Mª Concepción Cibeira Godás.

- AUDICIÓN E LINGUAXE: Eva Mosquera Rodríguez (Centro Base CEIP Pena Corneira).

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS E PERIODO DE ADAPTACIÓN

Coma tódolos cursos, ó inicio deste, terán lugar as reunións informativas coas familias do alumnado matriculado no centro. As datas e lugares son os seguintes:

- EDUCACIÓN INFANTIL: Luns 11 de setembro ás 9:30 horas na aula de Infantil (Pavillón B-Piso 1).

- EDUCACIÓN PRIMARIA: Xoves 21 de setembro ás 15:30 horas na aula de Informática (Pavillón A-Piso 2).

 

O periodo de adaptación -de obrigado cumprimento- do alumnado escolarizado en 4º curso de Educación Infantil manterá o seguinte horario:

- Martes 12 a venres 15 de 10:00 a 12:00 horas.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2017-2018. PERIODO NON LECTIVO: HORARIOS.

Dos días 1 ó 8 de setembro o centro permanecerá aberto para comezar coa organización do curso.

O horario de atención ó público nestes días é o seguinte:

- 1 ó 6 de setembro: 10:00 a 13:00 horas.

- 7 de setembro: 10:00 a 11:00 horas.

- 8 de setembro: 10:00 a 11:00 horas.

Rogamos respectedes estes horarios.

A FESTA DA VENDIMA 2017

Na edición dixital do diario La Región podedes atopar as fotos da Festa da Vendima deste ano 2017, onde saen guapísimas algunhas mamás e nenas do cole.

Aquí tendes o enlace: 

http://www.laregion.es/album/o-ribeiro/festa-da-vendimia-leiro-imaxes/20170827192620732464.html

ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS (AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR)

ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA SER BENEFICIARIO DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2017-2018:

- 1º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas, excepto a referida a material escolar da alumna Vanesa Ledo Rodríguez.

- 2º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas.

- 3º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas, excepto a referida a material escolar da alumna Patricia Helena Cid Álvarez.

Distribuir contido


by Dr. Radut