Coma tódolos cursos, ó inicio deste, terán lugar as reunións informativas coas familias do alumnado matriculado no centro. As datas e lugares son os seguintes:
- EDUCACIÓN INFANTIL: Luns 11 de setembro ás 9:30 horas na aula de Infantil (Pavillón B-Piso 1).
- EDUCACIÓN PRIMARIA: Xoves 21 de setembro ás 15:30 horas na aula de Informática (Pavillón A-Piso 2).
O periodo de adaptación -de obrigado cumprimento- do alumnado escolarizado en 4º curso de Educación Infantil manterá o seguinte horario:
- Martes 12 a venres 15 de 10:00 a 12:00 horas.
- Luns 18 a venres 22 de 10:00 a 13:30 horas.
- Dende o luns 25 o horario será o do centro.