Skip to Content

SEMENTANDO FLORES

Héctor está todo entusiasmado sementando flores para que nas derradeiras semanas do curso o cole luza colorido e alegre á entrada.

Nacerán e medrarán moito? A vós que vos parece?...

A NOSA PEQUENA HORTA

A Aula de Apoio loce dende hai semanas como unha bonita horta na que os nenos e nenas prantaron guisantes, fabas, cenorias, patacas e allos.

Mirade que guapa está Sara ensinándonola!

CONTOS A CARGO DE CHARO PITA

O pasado venres día 26 de maio, dentro das actividades levadas a cabo para celebrar o Día das Letras Galegas, grandes, pequenos/as e profes do cole pasaron unha hora do máis entretida grazas a Charo Pita e os seus fantásticos contos.

Esta actividade tivo lugar na biblioteca do centro coa colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro e ó seu proxecto "Ler conta moito".

 

(Ver imaxes na galería)

OS/AS MÁIS PEQUES VAN Ó AUDITORIO DE OURENSE

O pasado xoves día 25 de maio, os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria, puideron asistir no Auditorio de Ourense á obra teatral "Gatuxo" dentro das actividades culturais patrocinadas por AFundación.

CLAUSURA DAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR COA GUARDIA REAL

O pasado venres día 19 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria participaron nunha proba de Orientación no campo da Veronza en Ribadavia e estiveron acompañados/as dos demáis alumnos e alumnas da etapa.

Ó remate da proba, aproveitando a presenza dos membros da Guardia Real, compartiron con estes xogos, risas e unha morea de autógrafos.

Con esta actividade púxose fin ás xornadas de Deporte Escolar deste curso.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut