Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017-2018

Xa está publicada a Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Podedes ver o calendario no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO: ORGANIZACIÓN

Un novo curso remata e a organización para os seus últimos días é a seguinte:

- Martes 20: reunión conxunta de pais e nais de alumnado de Educación Infantil na aula ás 14:30 horas para recoller notas, traballos...

- Venres 23 de xuño: entrega de notas a pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada titoría de 9:15 a 10:30 horas e Festival de Fin de Curso no salón multiusos do centro ás 11:00 horas.

- Luns 26 de xuño: titoría de pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada aula de 10:30 a 11:30 horas, previa cita.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Xa temos lista a última dose de diversión para rematar o curso: o festival de fin de curso!

Nos ensaios andamos e ben ilusionados/as.

Non volo podedes perder!

Será o venres día 23 de xuño ás 11:00 horas do salón multiusos do colexio.

Ademáis de desfrutar con acrobacias, interpretacións musicais e bailes, poderedes emocionarvos co musical do Rey León preparado polos/as máis maiores e os/as máis pequenos/as do cole e coa graduación dos nenos e nenas de 6º curso.

E logo... a descansar e aproveitar as vacacións!

 

(Ver imaxes na galería)

INSTRUCCIÓN 4/2017 DO 30 DE MAIO SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2017-2018

BENEFICIARIOS/AS: Alumnado de Educación Infantil e Primaria.

IMPRESOS DE SOLICITUDE: Os impresos son os que se envían ou podedes recoller no centro (ANEXO II. MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS) e presentarase unha única solicitude/impreso por unidade familiar.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN: antes do día 11 de setembro (preferiblemente entre os días 13 e 28 de xuño e os días 1 e 8 de setembro) na dirección do centro.

CÁLCULO DA RENDA: Exercicio fiscal 2016.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

FOTOS DE CURSO DO ALUMNADO

Xa tendes á vosa disposición no centro as fotos de todo o alumnado (tanto individuais como grupais) que lle sacou Alejandra.

Para levalas, só será necesario que traiades un pendrive ou tarxeta de memoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut