BENEFICIARIOS/AS: Alumnado de Educación Infantil e Primaria.
IMPRESOS DE SOLICITUDE: Os impresos son os que se envían ou podedes recoller no centro (ANEXO II. MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS) e presentarase unha única solicitude/impreso por unidade familiar.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN: antes do día 11 de setembro (preferiblemente entre os días 13 e 28 de xuño e os días 1 e 8 de setembro) na dirección do centro.
CÁLCULO DA RENDA: Exercicio fiscal 2016.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Se fixestes declaración da renda e autorizades a que se consulten os datos, só debedes cumprimentar as casiñas correspondentes e non teredes que presentar ningunha documentación.
- Se fixoestes a declaración da renda e non autorizades a que se consulten os datos, debedes presentar copia desta no centro.
- Se non fixestes declaración da renda, para beneficiarse da gratuidade do comedor, debedes presentar no centro un certificado de ingresos da Axencia Tributaria ou, no seu defecto, doutro organismo que acredite a situación (por exemplo Servizos Sociais).