Skip to Content

A MAXIA DE LE GRAND MARTIN

O pasado venres día 1 de decembro, grandes e pequenos/as, nenos/as e mestres/as, desfrutamos na biblioteca dunha actividade lúdica e de animación á lectura a cargo do mago Le Grand Martin, que co seu espectáculo "A maxia preto de ti" nos fixo pasar unha hora de diversión total.

Os números sucedéronse con enxeño e ocorrencias, cartas, cordas, malabares... a partir dunha imaxinaria viaxe de Marco Polo polo mundo.

 

(Ver imaxes na galería)

NON MÁIS LUMES

Co fin de concienciar ó alumnado sobre as conseuencias nefastas que producen os incendios e mostrar a nosa solidariedade coas persoas afectadas por eles na nosa contorna, elaboráronse bonitos murais sobre o tema e fíxose unha prantación de castañas e landres co fin de repoboar na primavera algunha das zonas do concello devastadas por esta lacra.

 

(Ver imaxes na galería)

CHARLAS DENTRO DO PLAN DIRECTOR

Ó longo dos meses de outubro e novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nun programa de charlas impartidas por membros da Garda Civil da Comandancia de Ourense.

Os temas sobre os que versaron foron: "Acoso escolar" e "Os perigos de Internet" para os/as alumnos/as de 3º a 6º de Primaria, e "Drogas e Alcohol" e "Violencia de Xénero" para os/as nenos/as de 5º e 6º da etapa.

 

(Ver imaxes na galería)

NA FESTA DO MAGOSTO

O pasado venres día 11 de novembro fixemos festa rachada en torno ó outono.

Menú a base de chourizos con pan, empanada, filloas recheas de crema e castañas asadas e xogos e diversión a carón do lume.

Que viva o magosto!

 

(Ver imaxes na galería)

O SAMAÍN NO COLE DE LEIRO

O pasado martes día 31 de outubro, como manda a tradición, celebramos no cole de Leiro a festa do Samaín/Halloween.

Ademáis de decorar os corredores do centro nos días previos, pola mañá disfrazámonos e visitamos a residencia de maiores do pobo para intercambiar historias de terror. Alí tamén nos desfixemos dos nosos medos grazas á Cabaza Tragamedos, a cal os engulliu para que os venceramos. E pola tarde, fixemos unha mostruosa bolsa de ricas palomitas.

Foi un día redondo!

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut