Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Coma tódolos anos, o pasado mércores día 21 de marzo, celebramos no cole o Día da Árbore e da Auga.

Nesta ocasión prantamos un salgueiro ó que lle puxemos de nome "Hojitas" e o cal coidaremos con moita ilusión.

Ademáis participamos na campaña de protección dos nosos montes denominada "Cousa de Raíces" (http://cousaderaices.org/). Podedes ver a nosa foto nese enlace.

 

 

REMATE DO 2º TRIMESTRE. ORGANIZACIÓN.

O vindeiro venres día 23 de marzo remata o 2º trimestre do curso.

A organización é a seguinte:

- Xoves día 22 de marzo: reunión coas familias de Educación Infantil ás 14:45 horas na aula.

- Venres día 23 de marzo: entrega de notas ós/ás alumnos/as de Educación Primaria.

- Martes día 3 de abril: comezo do 3º trimestre e titoría coas familias de Educación Primaria ás 14:45 horas en cada aula.

INCIDENCIA CO TELÉFONO

O teléfono do centro non está funcionando correctamente, polo que para contactar con nós deberedes facelo persoalmente ou a través do correo electrónico.

TALLER "A MEDIACIÓN COMO MÉTODO PARA RESOLVER CONFLICTOS PACIFICAMENTE"

O pasado xoves día 22 de febreiro tivo lugar no centro un taller para familias denominado "A mediación como técnica para resolver conflictos pacificamente" incluído no proxecto que se está a levar a cabo sobre o tema co alumnado e profesorado.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2018-2019

Dende o 1 ó 20 de marzo está aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso académico.

Para tal fin, poderedes recoller os impresos na dirección do centro en horario de 9:30 a 10:30 de luns a venres ou facer directamente a reserva de forma telemática na páxina web www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Toda a información atoparédela no taboleiro de anuncios do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut