Skip to Content

CHARLA "OS PERIGOS DE INTERNET"

O pasado martes día 15 de maio, tivo lugar unha charla titulada "Os perigos de Internet" dentro das actividades da Escolade Nais e Pais a través do Plan Director da Garda Civil.

Dita charla foi impartida polo garda civil especialista na materia, Roberto Valente López e nela, os pais e nais asistentes puideron coñecer os perigos ós que se enfrontaban os nenos/as e adolescentes ante o uso non controlado de Internet e as formas de exercer control parental pola súa parte.

LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2018-2019

ALUMNADO ADMITIDO:

4º Educación Infantil

- Diéguez Nores, Ruth.

- Estrada Aragón, Luca Lionel.

- García Álvarez, Iria.

- Gómez Pérez, Alberto.

- Rodríguez Ribeiro, Mauro.

- Sequeira Nores, Paula.

 

ALUMNADO EXCLUÍDO:

Ningún

MAÑÁ DE CINE

O pasado xoves 10 de maio, tódolos alumnos e alumnas e mestres e mestras desfrutamos dunha sesión de cine no pobo e de paso demos un paseo por el, aproveitando a soleada mañá .

Fomos ver "Campeones", unha película que nos encantou. Tanto, que ata os máis peques de 3 anos non se moveron da butaca nas 2 horas que durou.

Dita actividade foi subvencionada pola ANPA do centro, á cal llo agradecemos moito.

 

NENOS E NENAS DE 1º E 2º NAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria puideron desfrutar dunha xornada de Deporte Escolar en Ribadavia para irse introducindo na práctica deportiva e convivir con iguais dos colexios da zona.

Esta xornada tivo lugar o martes 8 de maio e pasárono xenial.

 

(Ver imaxes na galería)

CHARLA PARA FAMILIAS "OS PERIGOS DE INTERNET"

O vindeiro martes día 15 de maio, terá lugar ás 16:00 horas na aula de informática do centro, unha charla para pais/nais/irmáns de alumnado sobre os perigos de Internet.

Nela aboradaranse as problemáticas surxidas do uso sen control de Internet -especialmente das redes sociais- por parte de nen@s e adolescentes e a forma de control que deberán exercer os pais.

Será impartida por un garda civil experto no tema e incluirase dentro da Escola de Nais e Pais.

Estades tod@s convidad@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut