Skip to Content

ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA NA TVG

O pasado martes día 23 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria participaron na gravación dun programa da TVG no centro.

Este programa infantil, que ten como protagonista a Braulio de Os Bolechas, versou sobre pintura, polo que ademáis de mostrar os seus debuxos, os nenos e nenas foron entrevistados sobre o tema.

Foi unha experiencia divertidísima!

 

(Ver imaxes na galería)

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA COMO COMEZO DE CURSO

Os pasados venres 28 de setembro e 5 de outubro, mestres/as e alumnos/as puidemos desfrutar dunha divertida actividade de contacontos e dun obradoiro de creación de personaxes de contos respectivamente.

O contacontos versaba sobre as aventuras duns peixes mariños moi particulares e pretendía concienciar ós nenos e nenas sobre a importancia de non tirar lixo nas praias, mentres que o obradoiro xiraba en torno a diferentes contos clásicos para logo os cativos e cativas crear as súas propias personaxes con masa feita de fariña e colorantes.

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA ALUMNADO DE 3 ANOS

O horario do periodo de adaptación para os/as alumnos/as de 4º de Educación Infantil será o seguinte:

- Xoves 13 e venres 14: de 10 a 12 horas.

- De luns 17 a venres 21: de 10 a 13 horas.

- Luns 24 e martes 25: de 10 a 13:30 horas.

- Dende mércores 26: horario normal do centro.

REUNIÓN DE FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A reunión de familias de Educación Primaria de comezo de curso levarase a cabo o martes días 18 de setembro ás 15:30 horas nas titorías correspondentes.

Será importante que asistades.

COMEZO DO CURSO 2018-2019

EDUCACIÓN PRIMARIA: Comezo o mércores día 12 de setembro ás 9:15 horas.

 

EDUCACIÓN INFANTIL: Reunión de familias o mércores día 12 de setembro ás 10:00 horas e comezo do alumnado o xoves día 13 de setembro ás 9:15 horas (excepto nenos/as de 3 anos).

Distribuir contido


by Dr. Radut