Skip to Content

OBRA DE TEATRO "BURBUJAS DE PAPEL"

O pasado mércores día 20 de febreiro, o alumnado de Educación Infatil e 1º e 2º de Educación Primaria asistiron no Auditorio de Ourense á obra de teatro "Burbujas de papel", dentro das actividades escolares organizadas por AFundación.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

A presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso, abrangue do día 1 ó día 20 de marzo (ámbolos dous incluídos).

Para recoller a documentación necesaria para tal fin, debedes pasar polo despacho de dirección en horario de 9:30 a 10:30 de luns a venres.

DÍA DA PAZ

O pasado mércores día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e no cole presentouse un tren moi colorido con tres vagóns que representaban a vida de personaxes inmersas na loita contra a non violencia: Teresa de Calcuta, Malala e Médicos sen Fronteiras.

CHARLA PARA FAMILIAS "EDUCAR AS EMOCIÓNS"

O xoves día 24 de xaneiro ás 15:45 horas terá lugar na aula de informática do centro a segunda parte da charla  para familias "Emocións: expresión, xestión e control".

RECICLANDO COS BOLECHAS

O pasado luns día 21 de xaneiro, todo o alumnado de Educación Primaria participou nunha actividade moi divertida na que aprenderon a reciclar residuos eléctricos e electrónicos grazas ós míticos personaxes infantís Os Bolechas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut