Skip to Content

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado martes día 15 de xaneiro, todo o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou na final comarcal de campo a través celebrada en Ribadavia, obtendo varias medallas, o que os/as encamiña ó campionato provincial que terá lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro.

Estamos moi orgullosos/as dos/as nosos/as deportistas!

 

(Ver imaxes na galería)

BOAS FESTAS!

A comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán deséxavos a todos/as un Bo Nadal!

FESTIVAL DE NADAL 2018

O pasado venres día 21 de decembro clausuramos o primeiro trimestre e o ano co Festival de Nadal. Nel, tódolos/as asistentes, puideron desfrutar de panxoliñas populares galegas, bailes, panxoliñas en inglés e ata coa visita de Papá Noel.

Foi un duro traballo de semanas que nos encheu a todos/as de ilusión e ledicia e nos fixo pasar unha hora do máis amena.

Para o ano máis e mellor!

 

(Ver imaxes na galería)

VIDEOCONFERENCIA CO MESMÍSIMO PAPÁ NOEL!

O luns día 17 de decembro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos e 1º e 2º de Primaria falaron por videoconferencia con Papá Noel dende a aula CEMIT do Concello e grazas á colaboración de Alicia.

Puideron pedirlle os agasallos que desexaban, contarlle como se portaran e informalo doutras cousiñas do colexio, da casa...

Foi moi emocionante!

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os/as alumnos/as de 3º a 6º de Educación Primaria desfrutaron o pasado xoves día 13 de decembro do obradoiro de primeiros auxilios "Pupas, sustos e outros desgustos" que impartiu persoal sanitario dos diferentes centros de saúde da zona.

Aprenderon a realizar unha vendaxe, a curar unha ferida... e ata se fartaron de bailar!

A verdade é que foi interesantísimo e divertidísimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut