Skip to Content

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A TUI

O pasado venres día 14 de xuño pasamos o día en Tui para celebrar que o curso está rematando.

Primeiro merendamos e xogamos nun fermoso parque á beira do río, logo fartámonos de saltar e rir en Panda Park (centro de ocio con camas elásticas situado no Outlet) e por último xantamos no Monte Aloia.

Foi unha xornada estupenda!

 

(Ver imaxes na galería)

ACTUACIÓN DE ODAIKO

O pasado luns día 10 de xuño tivemos o pracer de desfrutar de novo no centro do grupo Odaiko, que nos presentaron o seu espectáculo Circopeta, unha mestura de humor, percusión e ambiente circense.

Tanto nenos/as como maiores pasamos unha hora de diversión total.

 

(Ver imaxes na galería)

FOTOS CURSO 2018-2019

O pasado xoves día 6 de xuño, o pai de Daniela e Martín fotografiou ó alumnado de xeito individual e en grupo.

Se queredes as fotos dos/as vosos/as fillos/as, podedes falar con el directamente ou traer unha memoria usb ó centro e pedir na dirección que volas descarguen.

Están dispoñibles tamén na dirección do centro, as fotografías dos cursos pasados.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2019/2020

Podedes consultar no seguinte enlace a información sobre as axudas para adquirir libros de texto e material escolar e participar no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2019/2020 (Orde do 3 de maio de 2019).

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=27900&mailbox=SU5CT1g&uniq=1558444413688

CONCERTO DIDÁCTICO EN RIBADAVIA

O martes día 14 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participaron nun concerto didáctico organizado polo Conservatorio e a Escola de Música municipais de Ribadavia coa finalidade de festexar a semana das Letras Galegas e mostrar o traballo que fan durante o curso.

O concerto trasladounos por diferentes países do mundo a través das músicas representativas deles e grazas a unha imaxinaria viaxe en avión.

 

(Ver imaxes na galería)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut