Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL 2019

O vindeiro venres día 20 de decembro e para clausurar o trimestre, terá lugar o tradicional Festival de Nadal a partir das 11:00 horas no ximnasio do centro.

Poderemos desfrutar de panxoliñas, bailes e ata unha obra de teatro, ademáis da maxia do Mago Martín, que será o encargado de clausurar esta festa, e a intervención da Coral Val do Avia.

Estades todos/as convidados/as! 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

O pasado luns día 16 de decembro, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria puideron ver e falar con nada máis e nada menos que...Papá Noel!

Esta videoconferencia tivo lugar na Aula CEMIT do Concello grazas á organización de Alicia.

ENTREGA DE NOTAS E REUNIÓN DE FIN DE TRIMESTRE

O vindeiro xoves día 19 de decembro, víspera do remate do trimestre, farase entrega das notas ás familias do alumnado de Educación Primaria dende as 12:00 horas en cada titoría e celebrarase a reunión conxunta de familias de Educación Infantil ás 14:45 horas na súa titoría.

ESPECTÁCULO NO AUDITORIO DE OURENSE

O pasado luns día 9 de decembro, os nenos e nenas de 1º a 4º de Educación Primaria puideron desfrutar no Auditorio Municipal de Ourense do espectáculo teatral "A nena e o grilo máis aló" dentro das actividades escolares organizadas por AFundación.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este luns días 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e todo o alumnado e profesorado do centro participaron nas actividades organizadas polos Servizos Sociais do Concello de Leiro: visionado e análise da película "Zootrópolis" no cine do pobo e lectura dun manifesto na Praza do Cruceiro.

No colexio de Leiro condenamos a violencia sexista!

Distribuir contido


by Dr. Radut